Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso aberto para a adquisición de vestiario para os alumnos da academia.

Obxecto do contrato: adquisición de uniformes para os alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Orzamento: 1.829.450 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: 16 de outubro de 1995.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas, o prego de prescricións técnicas e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade, de luns a venres, de 9 a 14 horas, na rúa Madrid s/n, 2ª planta, Santiago de Compostela, (telefono (981)56 34 00).

Fianza provisional: 36.589 ptas. a favor da Academia Galega de Seguridade e que deberá constituírse na caixa xeral de depósitos da Consellería de Economía e Facenda.

Fianza definitiva: 73.178 ptas.

Clasificación que se esixe: non se esixe

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase ó modelo de prescricións técnicas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro da Academia Galega de Seguridade ata as 14 horas do día 5 de setembro de 1995.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas, presentadas en prazo hábil, terá lugar en acto público na sala de profesores da Academia Galega Seguridade (rúa Madrid s/n, en Santiago de Compostela) ás 12 horas do día 7 de setembro de 1995.

Documentación que deberán xunta-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

4870