Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/64-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2. 15008 A Coruña.

Denominación: modificado I proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T.

Situación: Rabadeña. Fene.

Características técnicas: modificado a expediente 51252, consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.089 m de lonxitude, con orixe na liña Sillobre-Campo da Feira (expediente 17934) e remate en C.T. Rabadeña. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Rabadeña, con saída de rede de baixa tensión con conductor R.Z. de 45 m de lonxitude. Fene.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4270