Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/68-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2. 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T.

Situación: Almirante Mourelle. A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, de entrada e saída, baixo tubo e con conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 356 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Villa de Negreira-Fco. Franco e remate en C.T. que se vai construír en r/ Almirante Mourelle. Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4271