Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 xullo de 1995 pola que se anuncia a contratación polo procedemento negociado da edición facsímile do Libro das horas de Fernando I.

Coa finalidade de dar maior publicidade á contratación da edición facsímile e estudio complementario do Libro das horas de Fernando I,

RESOLVO:

1.-O contrato terá por obxecto a edición facsímile e estudio complementario do Libro das horas de Fernando I de acordo co prego de prescricións técnicas do que se atopará copia no Servicio de Información da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria e na Dirección Xeral de Política Lingüística.

2.-Presentación de proposicións:

A partir da publicación deste anuncio os licitadores terán un prazo de 14 días habiles e ata as 14 horas do día no que remate o devandito prazo para presentaren as correspondentes proposicións na Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3.-Apertura de proposicións:

Procederase á apertura pública das proposicións pola Mesa de Contratación o terceiro día seguinte ó remate da data de presentación de proposicións.

4.-O orzamento máximo autorizado para esta contratación é de 27.000.000 de pesetas no que se inclúe o IVE e tódolos demais impostos que se poidan derivar desta contratación así coma o pagamento deste anuncio que correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4269