Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.192

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (248/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción numero tres de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos de xuízo executivo número 248/1994, seguidos neste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamiento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela a vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 248/1994 promovidos por Vw. Leasing, S.A. Sociedad de Arrendamiento Financiero, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e defendido polo letrado Carlos Manuel Paz Costas, contra José Luis Durán Neira, declarado en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E que na súa parte dispositiva di: que debo mandar e mando segui-la adiante a execución, ata facer trance e remate nos bens embargados e que no sucesivo poidan embargárselle ó debedor José Luis Durán Neira e co sue producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de duascentas oitenta e sete mil cincocentas noventa e oito pesetas (287.598) de principal, máis cen mil pesetas(100.000) calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cuales expresamente impoño á parte demandada. Notifíqueselle ó demandado rebelde. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días a contar desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, que será notificada ó demandado na forma e modo que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, co fin de que sirva de notificación ó demandado José Luis Durán Neira, libro o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria xudicial

Rubricado

4743