Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.192

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento e notificación (203/1995).

Por medio da presente cédula, que se expide en méritos do acordado nos autos de xuízo de cognición número 203/1995, sobre reclamación de cantidade

seguidos por instancia de Banco Central Hispano Americano, representado polo procurador García Piccoli Atanes, contra Lydia Brey Couto (Creaciones Lydia), con domicilio na rúa Rosalía de Castro, 47, entresollado, desta cidade, e actualmente en paradoiro descoñecido para a demandante; emprázase á expresada demandada co fin de que dentro do prazo de nove días compareza nos referidos autos, como parte en forma, e conteste a demanda, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de que recaerán sobre ela os demais prexuízos a que haxa lugar en dereito.

O mesmo tempo notifícaselle a Manuel Santiago Leal Pérez, esposo da demandada e con domicilio igualmente descoñecido para a parte demandante, a existencia do expresado procedemento, para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Dada en Santiago de Compostela o vinteún de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

95-05373