Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xuño de 1995 pola que se conceden e se denegan as axudas económicas destinadas a subvencionar actividades que fomenten o estudio e a investigación da linguaxe xurídico-administrativa, convocadas pola Orde do 1 de febreiro de 1995.

Vista a proposta formulada pola comisión recollida no artigo 5 da Orde do 1 de febreiro de 1995 pola que se anuncian axudas económicas destinadas á subvencionar actividadesque fomenten o estudio e a investigación da linguaxe xurídico-administrativa (publicada no DOG nº 53, do 16 de marzo), e en aplicación do que establece o artigo 6 desa mesema orde,

RESOLVO:

1.-Concederlle a cada unha das seguintes organizacións profesionais ou institucións xurídico-administrativas galegas sen ánimo de lucro as cantidades que se especifican para a realización das actividades en lingua galega de fomento do estudio, da investigación e da promoción da linguaxe xurídico-administrativa no ámbito da Comunidade Autónoma que se fan constar onda cada unha:

-Asociación Revista Xurídica Galega, para a edición, totalmente en galego, dos números 9, 10 e 11 da Revista xurídica galega: 1.000.000 de pesetas.

-Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia, para a organización das xornadas sobre a normalización lingüística na práctica xurídico-administrativa e máis para a publicación sobre fraseoloxía, novas expresións e rexistros para a linguaxe xurídica: 1.000.000 de pesetas.

-VIII congreso nacional da sociedade española de cirurxía plástica, reparadora e estética - IV congreso nacional de cirurxía estética da FILACP, para a realización dos dous congresos e a publicación das actas: 1.000.000 de pesetas.

-Ilustre Colegio de Abogados de Ourense:

* Para a edición, totalmente en galego, da revista do colexio: 600.000 pesetas.

* Para a galeguización da documentación interna: 400.000 pesetas.

-Colexio de Delineantes de Pontevedra, para a edición en galego dos materiais propostos (estatutos do colexio, normas deontolóxicas e regulamento das eleccións, tarifas e minutas dos honorarios, contratas e follas de encargas): 600.000 pesetas.

-Centro de Documentación Europea - Universidade de Santiago de Compostela, para a celebración do seminario «A Unión Europea e o sistema financeiro»: 600.000 pesetas.

-Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela, para a normalización lingüística da documentación da actividade interna e para a publicación, totalmente en galego, do Boletín de Xurisprudencia: 1.000.000 de pesetas.

2º.-Non lles conceder axuda ás seguintes organizacións profesionais ou institucións xurídico - administrativas galegas sen ánimo de lucro polos motivos que canda cada unha delas se especifican:

-Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Lugo, por presenta-la solictude fóra do prazo establecido.

-Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Pontevedra, por presenta-la solictude fóra do prazo establecido.

-Ilustre Colegio de Abogados de Santiago de Compostela, por ter sen xustifica-la axuda concedida no ano 1994 con cargo a esta mesma orde e para actividades coincidentes.

-Colegio Provincial de Abogados (Escuela de Práctica Jurídica), da Coruña, por ter sen xustifica-la axuda concedida con cargo á orde do ano 1994.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

9505356