Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de xuño de 1995 pola que se aproba a denominación específica dos centros públicos de educación secundaria e de educación primaria/EXB, que no anexo se relacionan.

Vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992), pola que se establece o procedemento para a denominación de centros públicos de ensino non universitario e o acordo do consello escolar dos respectivos centros, esta consellería,

DISPÓN:

Aproba-la denominación específica dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Narón.

Denominación: I.E.S.P. de Narón.

Código do centro: 15026455.

Nova denominación: Instituto Educación Secundaria Terra de Trasancos.

Provincia: Ourense.

Concello: A Rúa.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de A Rúa.

Código do centro: 32016637.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Cosme López Rodríguez.

Provincia: Ourense.

Concello: Viana do Bolo.

Denominación: I.F.P. Viana do Bolo.

Código do centro: 32015736.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Fontenla-Leal.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Denominación: I.F.P. de Ponteareas.

Código do centro: 36014520.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Pedra da Auga.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 12 de Vigo.

Código do centro: 36019670.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Do Castro.

Provincia: A Coruña.

Concello: Boimorto.

Localidade: Gándara.

Denominación: Colexio Público de Boimorto.

Código do centro: 15001239.

Nova denominación: Colexio Público Armando Cotarelo Valledor.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tomiño.

Localidade: Mosteiro.

Denominación: Colexio Público de Mosteiro.

Código do centro: 36009524.

Nova denominación: Colexio Público Pedro Caselles Beltrán.

4735