Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

PREGO de cláusulas administrativas particulares do concurso público para a contratación do proxecto técnico e construcción dun aparcamento subterráneo no recinto do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. (Aprobado pola Mesa o día 25 de abril e axustado á Lei 13/1995, do 18 de maio, na Mesa do 11 de xullo).

I.-Disposicións xerais.

1.-Obxecto.

O obxecto deste concurso é contrata-la execución do proxecto e das obras de construcción do aparcamento subterráneo nos terreos anexos ó edificio do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, aprobado pola Mesa do Parlamento na reunión celebrada o día 25 de abril de 1995.

2.-Orzamento.

2.1.-O orzamento de adxudicación virá fixado na oferta económica e abranguerá:

a) Os custos de redacción do proxecto técnico e de dirección facultativa da obra.

b) O orzamento de contrata co 19% para gastos xerais e o 16% de IVE.

2.2.-O orzamento de execución material detallará o custo das escavacións, estructuras, instalación e obras auxiliares de albanelería e remates, e deter

minará os prezos unitarios que rexerán durante a execución delas.

2.3.-De acordo coa base cuarta do prego de condicións técnicas, o orzamento non será superior ós 350.000.000 (trescentos cincuenta millóns) de pesetas.

3.-Prazo de execución.

O prazo de execución das obras, coas determinacións establecidas nas cláusulas segunda e terceira do prego de condicións técnicas, farase constar de xeito explícito no proxecto técnico que se presente e no programa de traballo.

4.-Réxime xurídico.

4.1.-Ademais das normas contidas no presente prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescricións técnicas, terase en conta o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, das administracións públicas; no prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación de obras do Estado, aprobado polo Decreto 3854/1970, do 31 de decembro; e nas demais disposicións aplicables.

4.2.-No caso de discrepancia entre o presente prego e calquera dos restantes documentos contractuais, prevalecerá o prego de cláusulas administrativas particulares.

Así mesmo, e para o suposto de contenda xudicial, esgotada a vía administrativa ante a Mesa do Parlamento de Galicia, abrirase a vía contencioso-administrativa perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

II.-Adxudicación.

5.-A adxudicación da obra á que se refire este prego realizarase polo sistema de concurso público aberto por concorreren os supostos a) e b) do artigo 86 da Lei 13/1995. A súa tramitación rexerase polo disposto no Regulamento xeral de contratación, en canto non se opoña ó establecido na referida lei.

6.-Clasificación do contratista.

6.1.-A este contrato seralle aplicable o establecido nos artigos 25 e seguintes da Lei de contratos das administracións públicas, e para estes efectos deberá posuí-la clasificación seguinte:

Categoría E

Grupos - C, subgrupos 1, 2, 4, 5, 6, 7, 9

Grupos - K, subgrupos 1, 2, 6

6.2.-Ós empresarios non españois de estados membros da CEE, para participaren no concurso, abondaralles con que acrediten documentalmente a súa capacidade financeira, económica e técnica conforme establecen os artigos 25.2º e 26.3º da Lei de contratos das administracións públicas, así como a súa inscrición no rexistro profesional nas condicións previstas pola lexislación do país onde estean establecidos.

7.-Fianza provisional.

7.1.-Para poderen participar no concurso, os licitadores terán que prestar unha fianza de 7.000.000 (sete millóns) de pesetas, que poderán constituír en metálico, títulos de débeda pública ou aval bancario na Unidade de Caixa dos Servicios Económicos do Parlamento de Galicia, ó abeiro do disposto nas OO.MM. do 23 de marzo de 1971 e do 10 de maio de 1986.

7.2.-De conformidade co Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño, quedan dispensados da obriga de constituí-la fianza provisional os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación, sempre coa reserva establecida no artigo 2 do dito decreto.

8.-Proposicións.

8.1.-O anuncio de licitación publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 79.1º da Lei de contratos das administracións públicas. No devandito anuncio fixarase un prazo de presentación de proposicións de corenta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A presentación da proposición supón, por parte do licitador, a aceptación plena das cláusulas deste prego e a declaración responsable de que reúne as condicións esixidas para contratar coa Administración, por non estar comprendido en ningunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

8.2.-O licitador formalizará a súa proposición en tres sobres pechados, asinados por el ou pola persoa que o represente, en cada un dos cales indicará o seu respectivo contido e o nome daquel.

8.3.-Sobre número un:

Título: referencias técnicas

Contido:

a) Relación de obras executadas ou en execución pola empresa, dentro dos últimos cinco anos, de similares características ás existentes, acompañada dos correspondentes certificados de bondade da execución estendidos polo director da obra realizada se foi para unha entidade privada, ou polo organismo administrativo competente se se executou para a Administración pública.

b) Proxecto técnico, desenvolvido a nivel de execución e de acordo coas indicacións fixadas no prego de prescricións técnicas, asinado polo técnico ou técnicos competentes.

c) Nome do técnico, ou técnicos titulados, que será o representante principal da contrata no sitio da obra durante a execución.

d) Documento acreditativo da suficiente capacidade económica do licitador para asumi-la execución das obras mediante certificación bancaria na que conste a dita solvencia.

e) Plan esquemático das obras con indicación das datas de remate das distintas unidades de construcción

e clases de obras, a prezos de proxecto, mensual e acumulado, da obra que se vai realizar. Este programa deberá xustificar que o prazo ofertado pode ser razoablemente cumprido sen menoscabo da calidade da execución da obra.

Os documentos ós que se refiren as alíneas anteriores poderán presentarse en orixinais ou mediante copia deles que teñan carácter de auténticas, conforme a lexislación vixente.

8.4.-Sobre número dous:

Título: documentación de capacidade para contratar

Contido:

a) O documento ou documentos que acrediten a personalidade do licitador e representación do asinante da proposición, se é o caso. Se se trata de persoa individual, fotocopia do documento nacional de identidade. Se a persoa é xurídica, escritura de constitución da sociedade ou fotocopia autenticada desta.

Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate dunha sociedade, escritura de apoderamento, verificada pola Oficialía Maior ou letrados do Parlamento de Galicia. No caso dunha sociedade, a devandita escritura deberá ademais estar inscrita no Rexistro Mercantil.

b) Declaración responsable da capacidade de contratar, para os efectos do artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas, de acordo co anexo II.

c) Certificado de clasificación, expedido polo Rexistro Xeral Oficial de Contratistas do Ministerio de Economía e Facenda ou, se é o caso, do de Industria e Enerxía, correspondente ós grupos que se especifican no cadro de características técnicas. Se se trata de empresarios non españois dos países da CEE, abondará con que acrediten a súa solvencia técnica e económica polos medios que recollen os artigos 16 e 17 da Lei 13/1995, do 18 de maio, conforme se indica na condición 6ª.

d) Declaración expresa responsable de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (artigo 3 do Real decreto 1462/1985, do 3 de xullo) e sociais.

e) Documento acreditativo de que se depositou a fianza provisional ou a declaración de dispensa de acordo co Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

8.5.-Sobre número tres:

Título: proposición económica

Contido:

A proposición presentarase escrita á máquina e non se aceptarán aquelas que teñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que se estime fundamental para considera-la oferta.

Cada licitador non poderá presentar máis ca unha soa proposición, pero esta poderá comprender cantas solucións variantes considere oportuno ofrecer en relación co obxecto do contrato. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en agrupación temporal con

outros se o fixo individualmente. O incumprimento deste precepto producirá o rexeitamento de tódalas proposicións presentadas por el.

No prezo ofertado incluirase o IVE, así como calquera outro imposto en vigor, gastos xerais e beneficio industrial. Entenderanse tamén á súa custa os valados das obras, medidas de seguridade, seguro de incendios, gardería, acometidas de auga, luz, enerxía e en xeral tódolos gastos directos e indirectos da adxudicación.

Así mesmo, comprometerase ó aboamento do custo do proxecto técnico, visado polo colexio oficial correspondente, e dos honorarios de dirección facultativa.

8.6.-O licitador deberá presenta-la documentación esixida, sempre que esta fose notarial, cos requisitos que en canto a legalización establecen a lei e o regulamento notarial. No caso de documentos administrativos poderanse presentar en orixinal ou copia ou fotocopia debidamente autenticada.

8.7.-A falta de presentación de calquera documento, que deberá incluírse nos sobres un e dous, terase en conta para os efectos de exclusión da licitación ou valoración dos criterios de adxudicación, en función da súa natureza e importancia. Así mesmo, valorarase a falta de adecuación ó esixido nos presentes pregos.

9.-Exame das ofertas.

9.1.-Actuará de Mesa de Contratación:

Presidente:

O presidente ou membro da Mesa do Parlamento de Galicia en quen delegue.

Vocais:

O vicesecretario da Mesa do Parlamento, Bautista Goyel Álvarez Domínguez.

O oficial maior ou letrado que designe.

O interventor.

O técnico da Unidade de Réxime Interior e Mantemento.

Un enxeñeiro de camiños.

Secretario:

Un funcionario dos grupos A ou B.

9.2.-A Mesa de Contratación, no día e á hora sinalados para a apertura de pregos, examinará e cualificará a documentación contida nos sobres números un e dous, e acordará a admisión dos licitadores sempre que a súa documentación reúna os requisitos esixidos. Se algunha proposición presentase documentación con erros materiais ou defectos reparables, outorgarase un prazo de tres días para a rectificación deles.

Concluída a primeira fase, e xa en acto público, o presidente da Mesa de Contratación procederá a darlles conta ós licitadores do resultado da cualificación dos documentos correspondentes ós sobres un e dous. A seguir, neste acto, a Mesa procederá á apertura do sobre número tres e a Mesa daralle lectura

á proposición económica, sometendo tódolos documentos presentados a informe.

9.3.-A Mesa de Contratación elevaralle o seu informe á Mesa do Parlamento no prazo de dez días hábiles. Á vista deste, adoptará acordo motivado de adxudicación definitiva da obra a algunha das empresas concursantes que fixese a proposta máis vantaxosa para os intereses da Administración, ou declararaa deserta no suposto de que haxa motivo para isto no prazo máximo de vinte días, contados desde a apertura do sobre número tres.

9.4.-Contra a exclusión da Mesa de Contratación poderá interpoñerse reclamación no prazo de quince días, para os efectos do previsto no artigo 107.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9.5.-Dentro dos quince días seguintes á realización da licitación, os asinantes das proposicións admitidas e os das desbotadas que amosanse a súa desconformidade poderán expoñer, por escrito, ante o órgano contratante canto estimen conveniente respecto do desenvolvemento do acto licitatorio e da capacidade xurídica dos demais optantes.

10.-Criterios de adxudicación.

Os criterios que determinarán a adxudicación do concurso serán os seguintes:

-A solución técnica proposta, de acordo coas necesidades e cos intereses da Administración.

-A maior viabilidade técnica do proxecto de execución presentado.

-A experiencia na execución de obras de similares características.

-O equipo técnico presentado para a execución das obras.

-O programa de traballo proposto coas especificacións dos prazos parciais fixados.

-O prezo ofertado.

-Terase en conta tamén como criterio de adxudicación o nivel de solvencia económica da empresa, sobre a base da documentación que neste sentido achegue.

III.-Formalización do contrato.

11.-Documentación.

Antes da formalización do contrato, o adxudicatario deberá presenta-la documentación seguinte:

a) Xustificante de estar ó corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social do persoal ó seu servicio.

b) Documentación probatoria da personalidade e capacidade para contratar co Parlamento de Galicia, aínda que aquela non se presentase no acto licitatorio, por esta-la empresa exonerada desta obriga en aplicación do disposto na orde do ministerio, do 16 de novembro de 1972.

c) Xustificante do pagamento dos anuncios de licitación.

d) Resgardo acreditativo do ingreso do importe da fianza definitiva.

e) Documento que acredite a adscrición á obra de facultativo, ou facultativos, de grao superior ou medio, con indicación do seu respectivo número de colexiado, e con experiencia en obras semellantes ás que son obxecto deste contrato.

f) Documento que xustifique que se presentaron as declaracións ou ingresaron as cantidades relativas ó imposto sobre a renda das persoas físicas e sociedades, dos pagamentos a conta ou fraccionados das retencións a conta de ambos e do IVE, así como que se presentou a relación anual de ingresos e pagamentos ós que se refire o Real decreto 1913/1978, do 8 de xullo.

g) Xustificación documental de que o asinante da proposición non se encontra incurso en ningunha das prohibicións e incompatibilidades que enumeran o artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

A proba da súa capacidade para contratar por parte dos empresarios poderá acreditarse mediante testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, e, se o dito documento non pode ser expedido pola autoridade competente, este poderá ser substituído por unha declaración responsable ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.

12.-Fianza definitiva.

O adxudicatario está obrigado a constituí-la fianza definitiva por un importe equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación, nalgunha das modalidades previstas no punto 7 deste prego, e a constitución deberá acreditala no prazo de vintecinco días, contados desde que se lle notifique a adxudicación definitiva.

No caso de amortización ou substitución total ou parcial nos valores que constitúen a fianza, o adxudicatario estará obrigado a repoñelos na contía necesaria para que o importe da garantía non mingüe, e deberá achegar constancia documental da devandita reposición.

Cando a consecuencia da modificación do contrato o valor da obra contratada experimente unha variación, reaxustarase a proporcionalidade entre a fianza e o orzamento das obras vixentes en cada momento.

A fianza definitiva responderá das penalidades impostas ó adxudicatario, do resarcimento de danos e perdas, da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, dos vicios ou defectos durante o prazo de garantía e de calquera outro concepto, conforme sinala o artigo 358 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13.-Formalización.

O adxudicatario queda obrigado a subscribir, dentro do prazo de trinta días hábiles, contados a partir da

data de adxudicación definitiva, o correspondente documento de formalización do contrato.

O contrato poderá elevarse a escritura pública cando así o solicite o contratista adxudicatario, coa obriga de lle entregar ó Parlamento de Galicia unha copia simple da referida escritura. Os gastos derivados do outorgamento da escritura correrán ó seu cargo.

IV.-Dereitos e obrigas das partes.

14.-Aboamentos ó contratista.

14.1.-O contratista ten dereito a que se lle aboe o importe das obras executadas, previstas no proxecto, que se lle acreditará mensualmente mediante a correspondente certificación expedida pola dirección facultativa, visada polo técnico supervisor das obras por parte da Administración parlamentaria.

14.2.-Poderanse realizar aboamentos a conta, logo de petición escrita do contratista, por instalacións, aprovisionamentos de material e equipos de maquinaria pesada adscrita á obra, na forma e coas garantías que, para tal efecto, determina o Regulamento xeral de contratación e o prego de cláusulas administrativas xerais.

15.-Obrigas do contratista.

15.1.-O contratista está obrigado ó exacto cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e de seguridade e hixiene no traballo, e deberá realiza-la obra dentro do prazo sinalado no contrato.

15.2.-Se chegado ó termo do prazo final o contratista incorreu en mora por causas imputables a el, o órgano contratante poderá optar indistintamente, na forma e nas condicións establecidas no artigo 137 do Regulamento xeral de contratación do Estado, modificado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro, pola resolución do contrato con perda de fianza ou pola imposición das penalidades fixadas no artigo 96 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

O importe da penalidade non exclúe a indemnización de danos e perdas á que pode ter dereito o Parlamento de Galicia, orixinados pola demora do contratista.

Se o retraso se producise por motivos non imputables ó contratista, haberá que aterse ó disposto no artigo 97.2º da referida Lei de contratos.

En calquera caso, a constitución en mora do contratista non requirirá pronunciamento previo por parte do órgano contratante.

16.-Gastos.

Será de conta do adxudicatario o pagamento do importe dos gastos derivados dos anuncios de licitación nos diversos medios de comunicación social, ó igual có pagamento das taxas orixinadas pola execución das obras, xa sexan estas as establecidas pola Comunidade Autónoma, provincia ou municipio, e das derivadas das legalizacións que fosen esixidas. Serán tamén a cargo do adxudicatario os gastos de formalización do contrato e o pagamento dos tributos deri

vados da adxudicación e realización das obras, incluído o IVE.

V.-Execución das obras.

17.-Supervisión das obras.

O Parlamento de Galicia, a través do técnico supervisor das obras, efectuará a inspección, comprobación e vixilancia para a correcta realización da obra contratada, axustándose ó disposto nas cláusulas 4 e 21 do prego de cláusulas administrativas xerais.

18.-Comprobación de replanteo.

No prazo de un mes, a partir da adxudicación definitiva, efectuarase a comprobación da posibilidade física do comezo das obras, en presencia do contratista ou do seu representante, na forma e cos efectos previstos no artigo 127 do Regulamento xeral de contratación e nas cláusulas 24, 25 e 26 do prego de cláusulas administrativas xerais, en canto estas non se opoñan ó establecido na Lei de contratos das administracións públicas.

VI.-Modificación do contrato.

19.-Modificacións de obras.

19.1.-Tendo en conta as características deste concurso, nin a dirección facultativa nin o contratista poderán introducir ou efectuar modificacións nas obras comprendidas no contrato sen a debida aprobación delas e do orzamento correspondente pola Administración, debendo executarse as obras conforme os documentos contractuais e polo prezo de adxudicación.

19.2.-No caso de emerxencia, a dirección facultativa poderá ordena-la realización daquelas unidades de obras que sexan imprescindibles ou indispensables para garantir ou salvagarda-la permanencia das partes de obras xa executadas anteriormente ou para evitar danos inmediatos a terceiros.

A dirección facultativa deberalle dar conta inmediata de tales obras ó técnico supervisor da Administración, co fin de que este informe a Mesa do Parlamento de Galicia, para os efectos de que esta incoe o expediente de autorización correspondente.

20.-Suspensión das obras.

Se o Parlamento de Galicia acordase a suspensión das obras, xa sexa temporal ou definitivamente, deberase levanta-la correspondente acta de suspensión coas formalidades indicadas na cláusula 64 do prego de cláusulas administrativas xerais.

21.-Recepción e liquidación.

As recepcións e liquidacións provisionais e definitivas das obras regularanse conforme o disposto na Lei de contratos das administracións públicas, no regulamento para a súa aplicación e no prego de cláusulas administrativas xerais.

22.-Prazo de garantía.

O prazo de garantía será de un ano, a partir da recepción provisional, xa sexa total ou parcial.

23.-Resolución do contrato.

En canto á resolución do contrato, haberá que aterse ó disposto no artigo 150 e seguintes da Lei de contratos das administracións públicas.

24.-Prerrogativas da Administración e xurisdicción competente.

24.1.-O órgano de contratación posúe a prerrogativa de interpreta-los contratos administrativos e resolve-las dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente, poderá modifica-los contratos subscritos e acorda-la súa resolución, dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na Lei de contratos das administracións públicas e no regulamento para a súa aplicación.

24.2.-Os acordos que dicte o órgano de contratación, logo de informe dos servicios xurídicos do Parlamento de Galicia, no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución, serán inmediatamente executados.

24.3.-As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos administrativos serán resoltas polo órgano de contratación competente, e estes acordos poñerán fin á vía administrativa, e serán recorribles en vía contencioso-administrativa conforme o disposto na lei reguladora desta orde xurisdiccional, ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO I

Modelo de proposición.

D./Dª...., con domicilio en..., rúa..., Núm..., DNI..., expedido en..., con data..., actuando en nome propio ou en representación de..., informado/a do anuncio publicado no BOE Núm..., do día..., e das condicións e dos requisitos do prego de condicións administrativas particulares do concurso para contrata-la execución do proxecto e das obras de construcción do aparcamento subterráneo nos terreos anexos ó edificio do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, comprométese a realiza-las ditas obras, con estricta suxeición ás referidas condicións e requisitos, pola cantidade de... ptas. (... pesetas).

Data e sinatura

ANEXO II

Modelo de declaración.

D./Dª...., titular do DNI Núm..., na súa condición de..., co fin de garanti-la súa condición para contratar co Parlamento de Galicia,

Declara:

Que se encontra en plena posesión da súa capacidade de obrar e non se encontra incurso/a en ningún

dos supostos de prohibición ou incompatibilidade para contratar previstos no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas e noutras disposicións concordantes aplicables.

Que ningún membro da empresa... se encontra incurso nos supostos das leis 12/1995, do 11 de maio, e 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades de altos cargos e do persoal ó servicio das administracións públicas.

E para que así conste asino esta declaración en Santiago de Compostela, ... de... de mil novecentos noventa e cinco.

Prego de condicións técnicas particulares que rexerán para o proxecto e mailas obras de construcción do aparcamento subterráneo nos terreos anexos ó edificio do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

Primeira.-Obxecto.

O presente prego trata de establece-las condicións xerais para a execución do proxecto e construcción do aparcamento subterráneo nos terreos anexos ó edificio do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

Segunda.-Especificacións do proxecto.

O proxecto técnico para a realización das obras do aparcamento subterráneo no Parlamento de Galicia deberase desenvolver no relativo proxecto de execución, e polo menos conterá a seguinte documentación:

A) Memoria xeral das obras, instalacións e servicios propostos coas variantes técnicas que os licitadores consideren oportuno incluír.

B) Anexo de cálculo da cimentación e estructura propostas, onde se xustifiquen as solucións adoptadas así como as hipóteses consideradas e os métodos de cálculo empregados, de acordo sempre coa normativa vixente.

C) Anexo de cumprimento das especificacións da norma básica de protección contra incendios NBE-CPI-91 e de cantas lle sexan aplicables, entre elas a normativa municipal vixente.

D) Memoria de instalacións que darán servicio ó aparcamento, e que comprenderán polo menos as seguintes:

-Saneamento.

-Posta á terra.

-Fontanería.

-Electricidade.

-Ventilación e extracción.

E) Planos xerais e de detalle que permitan a total definición da proposta presentada e que abranguerán polo menos os seguintes aspectos:

-Planos de localización.

-Planos de distribución e sinalización (con seccións lonxitudinais e transversais).

-Planos de cotas (con seccións lonxitudinais e transversais).

-Planos de detalles constructivos.

-Planos de cimentación e estructuras (con definición de seccións e armaduras).

-Planos de instalacións (con definición e tódolos elementos que compoñen as ditas instalacións).

F) Prego de condicións técnicas dos materiais e instalacións que compoñen a obra.

G) Medicións, orzamentos parciais e orzamentos totais por contrata das obras e instalacións propostas.

H) Estudio de seguridade e hixiene.

I) Plan de control de calidade.

J) Honorarios de proxecto de dirección de obra.

Terceira.-Esixencias e condicións constructivas.

As propostas das ofertas responderán ás esixencias seguintes:

A) O aparcamento subterráneo que se proxecte terá non menos de 100 prazas, debéndose manter así mesmo igual número de prazas en superficie cás agora existentes.

B) Deberá proxectarse e construírse un almacén de 200 m, aproximadamente.

C) Estudiaranse e, se procede, proxectaranse as obras que permitan comunica-lo aparcamento subterráneo cos ascensores existentes no edificio.

D) O acceso ó aparcamento subterráneo realizarase desde a avenida de Lugo.

E) A escavación deberá realizarse polo sistema de «bataches» ou «pantallas» para asegura-la non afección ó edificio e resto de obras existentes.

F) O proxecto farase respectando ó máximo o conxunto arquitectónico do edificio rehabilitado.

No non contido no presente prego, haberá que aterse ó disposto nas normas tecnolóxicas aplicables, así como nas NBE.

Cuarta.-Documentación técnica.

O custo total do proxecto e da construcción das obras e dos remates necesarios, así como das porcentaxes, do 13% de taxas de gastos xerais, 6% de beneficio industrial e 16% de IVE, estímase na cantidade de trescentos cincuenta millóns (350.000.000) de pesetas.

Xustificaranse e documentaranse amplamente as ofertas tanto por defecto como por exceso que se presenten.

A oferta virá acompañada do proxecto técnico correspondente, no que se incluirán os custos de redacción daquel e da dirección da obra, con avaliación deles.

Na oferta virá detallado o custo das distintas unidades de obra e instalacións, así como o das obras auxiliares de albanelería e remates que a incorpo

ración do aparcamento no contorno do Parlamento supoña.

A oferta da construcción considerarase montada e funcionando, con todo tipo de trámites sancionados ante os organismos correspondentes, e entregados os «boletíns» de alta definitiva da instalación.

Na oferta definirase un tanto por cento aplicable para o control de calidade realizado por firma homologada e nomeada pola Administración contratante. No control incluiranse as probas finais de funcionamento das instalacións do aparcamento.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

95-05338