Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1995 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se citan (expediente 39/1995 e once máis).

Expediente nº: 39/1995.

Obxecto: subministración dun cromomatógrafo de gases. Facultade Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.141.343 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 62.827 ptas.

Expediente nº: 41/1995.

Obxecto: subministración de material informático. Facultade Física.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.593.970 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 71.879 ptas.

Expediente nº: 46/1995.

Obxecto: subministración dun analizador de nitróxeno en augas. Facultade Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 5.850.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 117.000 ptas.

Expediente nº: 47/1995.

Obxecto: subministración sistema para deseño molecular. Facultade Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 12.500.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 250.000 ptas.

Expediente nº: 48/1995.

Obxecto: un equipo de alta presión para síntese orgánica Facultade Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 7.500.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 150.000 ptas.

Expediente nº: 49/1995.

Obxecto: subministración dunha cámara dobre para temperaturas de 4 e -20º C. Facultade Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 7.500.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 150.000.

Expediente nº: 50/1995.

Obxecto: subministración dun licuador de nitróxeno e un condensador de nitróxeno gas. Facultade Física.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 9.425.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 188.500 ptas.

Expediente nº: 51/1995.

Obxecto: subministración dun autoclave esterilizador a vapor. Facultade Veterinaria.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 120.000 ptas.

Expediente nº: 52/1995.

Obxecto: subministración dunha cámara de cultivo de plantas. Escuela Politécnica Superior.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 120.000 ptas.

Expediente nº: 53/1995.

Obxecto: subministración dun sistema automático de micropurificación e cromatografía líquida de alta resolución. Facultade Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 8.500.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 170.000 ptas.

Expediente nº: 54/1995.

Obxecto: subministración de accesorios para espectómetro FT-IR Raman. Facultade Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 8.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 160.000 ptas.

Expediente nº: 56/1995.

Obxecto: subministración dun luminómetro. Facultade Veterinaria.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 120.000 ptas.

A capacidade de obras acreditase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnia.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre elas.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas integradas ou non na empresa, participantes no contrato especialmente daqueles encargados do control de calidade.

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

-Control efectuado pola Administración ou no seu nome por un organismo oficial competente do Estado no cal o empresario está establecido, sempre que medie acordo do dito organismo, cando os productos que se van subministrar sexan complexos ou a título excepcional deban responder a un fin particular, este control versará sobre as capacidades de producción e, se fora necesario, de estudio e investigación do empresario, así como sobre as medidas empregadas por este último para controla-la calidade.

Solvencia económica e financeira.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación destes sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non pode facilitar-las referencias solicitadas

poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades poderase ter en conta ás sociedades pertencentes ó grupo para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten afectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-Prezo ofertado.

-Calidade, valor técnico e funcionalidade.

-Custo de utilización e de mantemento, de ser necesario.

-Servicio de asistencia técnica posvenda e posibilidade de repostos.

-Prazo de entrega.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na Sección de Xestión e Contratación, edificio administrativo Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse, nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, Praza do Obradoiro s/n, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no Polígono de Fingoi, s/n pavillón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións, rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Mesa de Contratación reunirase o día 7 de setembro de 1995 ás 13 horas da maña, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1995.

P. D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

95-5339