Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A., con domicilio na Estr. N-VI, km 582,6, 15168 Sada (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), a orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990), e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigos 12.g e 20.a

do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Cancelar, por cambio de domicilio, a inscrición no Rexistro da Acreditación de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Norcontrol, S.A., con domicilio no polígono da Grela-Bens, r/ Gutemberg, 42, 15008 A Coruña, e,

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construccilón a Norcontrol, S.A., con domicilio na Estr. N-VI, km 582,6, 15168 Sada (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

* AS, Área de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro, co numero 15011AS91.

* SE, Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo, co numero 15013SE91.

* ST, Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15029ST92.

* SV, Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais, co número 15043SV93.

* HA, Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, edicións e aditivos, co número 15050HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

95-05270