Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.146

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Vigo, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Vigo, S.A. da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-5-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 29-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la publicación da táboa salarial no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como a acta da comisión deliberadora.

En Vigo o sete de xuño de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Colectivo da Empresa Frigoríficos de Vigo, S.A. para o ano 1995.

Acta da reunión final

Asistentes:

Representación económica:

José A. Llorca Fernández del Viso.

Manuel Díaz García.

Representación social:

José M. Hermida Costas.

Alberto Arbones Lago.

José R. Davila Álvarez.

Manuel Estévez Tielas.

Miguel A. Argibay Fontenla.

En Vigo, na sala de xuntas da empresa, sendo as 12 horas do día 29 de maio de 1995 reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de Frigoríficos de Vigo, S.A.. Asisten os señores antes citados.

Como resumo dos acordos alcanzados nas diversas reunións celebradas pola comisión negociadora, as partes conveñen establecer un aumento do 3% que se aplicará sobre tódolos conceptos que compoñen a táboa salarial do año 1994.

A táboa de salarios resultante, que se incorpora á presente acta, será de aplicación con efectos desde o 1 de xuño de 1995.

Tódalas disposicións sociais que figuran no convenio de 1994, quedan asumidas para o ano 1995.

Lida a acta e sendo conforme co acordado asínana tódolos asistente.

95-05304