Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.146

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de abril de 1995 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación Economato Social de Empresas (ESDECO).

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG nº 116, do 19 de xuño de 1995, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 4.599, no feito quinto, existe un lapsus a continuación da liña segunda; así, onde di: «que foi asinado entre os secretarios xerais das con- Muller e Xuventude e Xustiza, Interior e Relacións Laborais», debe dicir: «que foi asinado entre os secretarios xeraisdas consellerías de Sanidade e Servicios Sociais, de Familia, Muller e Xuventude, e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.»

-Na páxina 4.600, no fundamento xurídico terceiro, na súa liña segunda, onde di: «á realización da finalidade fundacional», debe dicir: «a realización da finalidade fundacional».

-Na paxina 4.600, na parte dispositiva aparecen dous erros; así, no punto segundo da parte dispositiva, onde di: «Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundación de Interese Galego», debe dicir: «Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego». E no punto cuarto da parte dispositiva, na súa cuarta liña, onde di: «dar publicidade suficiente ás súas actividade se á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios», debe dicir: «dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios».

95-4347