A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1.-Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.
2.-Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1995.
José Manuel Romay Beccaría
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Guía de Recursos. Xaneiro 1995: 2.500 pesetas.
4912