Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/167 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sociedade Galega do Medio Ambiente

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente denominado Vulcano, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta na planta compactadora de residuos sólidos en Guixar, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía á planta compactadora de residuos sólidos.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Orzamento: 1.233.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 5 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4879