Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso de procedemento aberto, diversos servicios de transporte escolar nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Con data 20 de xullo de 1995 o Consello da Xunta de Galicia autorizou a convocatoria dun concurso aberto para a contratación polo período setembro/1995 a decembro/1998, de diversos servicios de transporte escolar nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra por un importe total de 789.737.068 pesetas.

Orzamento de licitación: 789.737.068 pesetas, segundo as anualidades seguintes:

1995: 84.592.446 pesetas.

1996: 228.135.725 pesetas.

1997: 234.929.767 pesetas.

1998: 242.029.130 pesetas.

Prazo de execución: período setembro/1995 a decembro/1998.

Clasificación requirida: ningunha.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas estarán de manifesto na secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións desde as 10 horas ás 14 horas. Tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondentes.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 4 de setembro ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo, 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por

correo observarase o disposto na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.1, 8.3, 8.4, 8.5 e 8.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Exame da documentación administrativa e técnica: o día 7 de setembro a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da dita cualificación, co fin de que se reparen no prazo de 48 horas os defectos materiais observados na dita documentación.

Apertura de proposicións económicas: será realizada pola Mesa de Contratación o día 11 de setembro de 1995 ás 9 horas na sala de xuntas desta consellería.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-5148