Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citacilón de remate (151/1995).

Por medio desta cédula, que expido en virtude do acordado nos autos de xuízo executivo número 151/1995, seguidos por instancia do Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador García Piccoli-Atanes, contra Fernando Tobío Martínez e María del Carmen Calviño Fosado, que tiveron o seu domicilio na Ponte do Sar nº 89-1º, desta cidade de Santiago de Compostela, e actualmente en paradoiro descoñecido para a parte demandante, cítase de remate os ditos demandados, co fin de que dentro do prazo de nove días comparezan nos expresados autos en forma legal, por medio de avogado e procurador, opoñéndose á execución, de lles convir, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e producírlle-los demais prexuízos a que haxa lugar en dereito. Fáiselles saber que, por ignorarse o seu domicilio, se trabou embargo sobre os bens designados como deles pola parte demandante, sen o previo requirimento de pagamento.

Dada en Santiago de Compostela o dous de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

4845