Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de alargamento e mellora da estrada PO-400, Salvaterra - Filgueira, tramo Arbo-Crecente.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de alargamento e mellora da

estrada PO-400, Salvaterra-Filgueira, tramo Arbo-Crecente, nos concellos de Arbo e Crecente (Pontevedra), promovida pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Segundo.-Para os ditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) de Pontevedra.

-Concellos de Arbo e Crecente.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez finalizado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

4846