Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (319/1994).

Eu, Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 319/1994 se dictou requisitoria do teor seguinte:

«Pola presente e en xuízo de faltas número 319/1994 seguido neste xulgado sobre ameazas, requírese e cítase a Mario Mella Rey, o cal carece de domicilio coñecido, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte a aquel en que esta requisitoria apareza inserida no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados do 31 de xaneiro de 1995, pena de tres días de arresto menor.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que, non ben teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo. Maxistrada xuíza».

Para que conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de citación e requirimento ó penado Mario Mella Rey, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil novecentos nventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

4494