Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.117

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (88/1993).

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo co número 88/1993, por instancia de Banco

Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes contra Estrella Meijige Ferreiro, en reclamación de 489.417 pesetas de principal, máis 225.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, nas actuacións do cal e por resolución do día da data, se acordou sacar a pública poxa, por primeira vez o día vinte de setembro de mil novecentos noventa e cinco, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, e por termo de vinte días, os seguintes bens embargados ó debedor:

-Urbana.-Vivenda letra A na primeira planta dun edificio denominado Edificio Rosa sito na avenida Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro, parroquia de Buduído, concello de Ames. Superficie útil duns cento dez metros cadrados. Estrema: norte cun camiño particular de Carmen Ferreiro Framil; sur, cunha escaleira, corredorde acceso, vivenda letra B e vía pública; leste, coa avenida Rosalía de Castro; oeste, coa vivenda letra B, corredor de acceso, oco do ascensor e despois da terraza anexa, a terraza anexa á vivenda letra C. Sonlle anexos unha terraza duns corenta metros cadrados e o rocho sinalado co número 1 no faiado. Cota: 6%. É un dos trinta e dous predios en que se dividiu o predio número 17.375, inscrición terceira, no folio 150 do litro 175 de Ames, tomo 730. Taxada pericialmente na cantidade de nove millóns setecentas noventa mil pesetas (9.790.000 ptas.)

A poxa axustarase ás seguintes regras:

Primeira.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Segunda.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

Terceira.-Desde a publicación da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acreditando terse efectuado o depósito previo do 20 por 100 antes indicado.

Cuarta.-Só o executante poderá facer oferta coa condición de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, de existiren, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, e enténdense que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidadese obrigas que delas se deriven.

Sexta.-Os autos e certificación rexistral atópanse ó dispor do público na secretaría deste xulgado para que poidan examinalos os que queiran tomar parte na poxa; e quedan previdos ademais de que os licitadores deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o díadezaoito de outubro de mil novecentos noventa e cinco, ás 11 horas, no mesmo lugar, con rebaixa

do 25 por 100 do tipo de taxación, e subsisten as demais condicións da primeira.

E, para o caso de que tampouco houbese ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día quince de novembro de mil novecentos noventa e cinco, ás 11 horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo. Deberán, os que desexen tomar parte nela, face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, e persistirán as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación á demandada Estrella Meijide Ferreiro, no caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Dado en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado

95-4599