Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.117

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (246/1995-02).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no xuízo executivo 246/1995, que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Losada Gómez, contra Manuel José Rey Lema e Josefa Isabel Rey Cabaleiro, por medio da presente cédula cítase a Manuel José Rey Lema, con domicilio actual descoñecido, para que no prazo de nove días compareza nos autos e se opoña á execución se lle conviñer coa prevención de que de non facelo no prazo indicado será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen lle facer máis notificación nin citacións que as que a lei determine.

Faise constar que se realizou e embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que sirva de citación de remate a Manuel José Rey Lema, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

4493