Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (141/1994-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 141/1994, sobre lesións e inxurias, no que foron partes como denunciante Juan Federico Blanco

Castedo e como denunciado Juan Carlos Rumbo Moure, dictouse sentencia cunha decisión que di como segue:

«Que debo condenar a Juan Carlos Rumbo Moure, como autor penalmente responsable dunha falta de inxurias liviás e outra de lesións, á penas de 25.000 pesetas de multa pola primeira, cun día de arresto substitutorio, unha vez feita excusión dos seus bens, para caso de non pagamento, e 4 días de arresto menor pola segunda e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes con advertencia de que contra ela poderá interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e sirva de notificación a Juan Carlos Rumbo Moure, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1995.

O secretario

Rubricado

95-4516