Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (224/1995).

En virtude do acordado pola xuíza deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 224/1995, por instancia de Elvira Fernández Sampedro, representada polo procurador Villar Trillo, a medio da presente cédula, emprázase o esposo demandado Francisco Vázquez Martínez, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que, no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, en forma e consteste a demanda, formulando se é o caso reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias de demanda e dos documentos atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, Francisco Vázquez Martínez, expido e asino a presente cédula en Ribeira, catorce de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Amalia del Castillo de Comas

Secretaria xudicial

95-4549