Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONTRATACIÓN por concurso para a execución dos programas de prevención de drogodependencia.

Obxecto: comprende as tarefas integradas dentro da execución dos programas, tales como contratación das

películas que se van proxectar, impresión de folletos, adquisición e traducción ó galego das unidades didácticas, reunións cos directores e profesores dos colexios onde se levan a cabo os programas; difusión en prensa dos programas, contratación de monitores cualificados para impartir charlas, acordar co Teatro Principal días e horas de proxección de películas.

Tipo de licitación: 6.580.000 ptas. IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato iniciará os seus efectos o día seguinte á recepción da notificación do acordo de adxudicación, finalizando coa conclusión do curso escolar.

Forma de licitación: o contrato adxudicarase polo sistema de concurso por procedemento aberto.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: presentaranse no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela de 9 a 14 horas dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no BOE.

Apertura de plicas: celebrarase na Casa do Concello ás 12 horas do segundo día hábil seguinte ó do remate da presentación das proposicións.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Modelo de proposición:

Don/a... veciño/a..., con enderezo na (rúa/lugar, etc.)..., Núm..., e DNI Núm..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, toma parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de obras de... facendo constar:

a) Ofrezo o prezo de... (en letras e números)... ptas., o que supón unha baixa de... (en letras e números)... ptas, con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

..., ... de... de 199.

O/A licitador/a

Prego e proxecto: poderá consultarse na Sección de Servicios-Contratación do Concello de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-5222