Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a adquisición de doce monitores con diversos parámetros para reanimación-espertar.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público para adquisición de doce monitores con diversos parámetros para reanimación-espertar.

1. Nome e enderezo do servicio: Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, r/ Dr. Severo Ochoa s/n (27004) Lugo. Teléfono (982) 29 65 52, fax (982) 21 29 24.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar da entrega da subministración: no almacén xeral do Hospital Xeral de Lugo.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: doce monitores con diversos parámetros para reanimación-espertar.

Orzamento total: trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de ptas.), incluído o IVE.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por cada unha das partes ou polo conxunto das subministracións requeridas: os subministradores deben de licitar polo conxunto das subministracións requiridas.

4. Prazo de entrega imposto: un mes desde a data de adxudicación.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden ser solicitados os documentos pertinentes: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, r/ Dr. Severo Ochoa s/n, (27004) Lugo. Teléfono (982) 29 65 52, fax (982) 21 29 24.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 25 de agosto de 1995.

6.a) Data límite da recepción das ofertas: 2 de setembro de 1995.

b) Enderezo ó que deben dirixilas: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, r/ Dr. Severo Ochoa s/n, (27004) Lugo.

c) Lingua o linguas nas que se deberán redactar: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas á asistencia ó acto da apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura: ás 10 horas na sala de xuntas do Hospital Xeral de Lugo, o 13 de setembro de 1995.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional do 2% do orzamento base de licitación, e fianza definitiva do 4% do importe da adxudicación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias dos textos polos que son regulamentados: prezo ou importe do contrato.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores:

11. Informacións e formalidades necesarias para a valoración das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de condicións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses a data da apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Outras informacións: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 12 de xullo de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Lugo, 9 de xuño de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

95-5256