Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.971

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

SEXTA emisión de obrigacións subordinadas.

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, con domicilio social en Ourense, rúa do Paseo, número 6, C.P. 32003, CIF G-32000382, CNAE 0814, pon en circulación a súa sexta emisión de obrigacións subordinadas por importe de 1.000 millóns de pesetas, en obrigacións de 100 mil pesetas nominais cada unha. Estes valores negociables están representados por medio de anotacións en conta de conformidade co disposto na Ley 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores e no Real decreto 116/1992, do 14 de febreiro.

Tipo de emisión: ó par, libre de gastos para o subscritor.

Subscrición: a emisión en subscrición aberta levará data do 20 de xullo de 1995, determinándose un período de subscrición aberto entre o 20 de xullo de 1995 e o 20 de xaneiro de 1996, ambos inclusive.

Non obstante, se a entidade cubrise o importe da emisión con anterioridade ó 20 de xaneiro de 1996, procederase nese momento ó peche da emisión.

O sistema que hai que adoptar para a colocación das obrigacións será o de portelo aberto, atendendo ás peticións por orde cronolóxica de recepción en todas e cada unha das oficinas que compoñen a rede da entidade, facéndose o primeiro desembolso da emisión no momento da subscrición.

Xuro nominal: será indiciado e variable. O primeiro ano de vida da emisión, o tipo de xuro a aplicar será do 8 por 100 nominal bruto anual, aboándose por semestres vencidos os días 20 de xaneiro e 20 de xullo de cada ano, sendo o primeiro cupón a pagar o 20 de xaneiro de 1996, e o seu importe será proporcional ó tempo transcorrido desde o momento en que se materialice a subscrición e a citada data de pagameno. Para efectos de cobro do mesmo, o valor aplicarase por quincenas, así ás obrigacións desembolsadas do 1 ó 15, aplicaráselles valor día 1 e ás desembolsadas do 16 ó último día do mes, aplicaráselles valor día 16 en ambolos casos, do mesmo mes en que se realiza o desembolso.

A partir do primeiro ano, o tipo de xuro nominal bruto anual aplicable en cada un dos sucesivos períodos anuais, que comezarán o 21 de xullo de cada ano e rematarán o 20 de xullo do ano seguinte, determinarase tendo en conta o tipo de pasivo de referencia das caixas de aforros referido ó mes de maio do mesmo ano, publicado mensualmente no Boletín Estadístico del Banco de España.

Se por calquera circunstancia, hoxe imprevisible, non puidese aplicarse o tipo de referencia indicado, con carácter substitutorio, o tipo de xuro nominal bruto

anual virá determinado polo seguinte índice de referencia: índice de referencia do mercado hipotecario publicado no Boletín Estadístico del Banco de España, segundo se establece na resolución da Dirección Xeral do Tesouro do 20 de xuño de 1986, definido como tipo de xuro medio nas cédulas hipotecarias emitidas no semestre anterior. Utilizarase o correspondente ó mes de decembro anterior a cada período anual de xuros.

O tipo de xuro nominal bruto anual que resulte para cada período anual farase público oportunamente pola caixa para coñecemento dos titulares das obrigacións, mediante anuncios en tódalas oficinas da emisora, con 15 días de antelación, como mínimo, á data da súa aplicación, igualmente comunicarase expresamente á Comisión Nacional do Mercado de Valores a inserción do oportuno anuncio no BORME, co mesmo prazo de antelación de 15 días como mínimo, á data da súa aplicación.

No caso de que desaparecesen ou non puidese aplicarse ningún dos índices de referencia indicados, utilizarase para os sucesivos períodos anuais, o último aplicado ata esa data, volvendo a aplicarse os referidos índices no momento en que estivesen de novo dispoñibles.

Non se fixa un tipo de xuro máximo, nin un tipo de xuro mínimo.

O pagamento de xuros non se diferirá no suposto de que a conta de resultados da entidade presente perdas, ó estar derrogada a letra b) do apartado 3 do artigo 22 do R.d. 1343/1992 do 6 de novembro, polo R.d. 538/1994, do 25 de marzo.

Amortización: a presente emisión ten carácter indefinido, polo cal non se sinala de antemán data de vencemento. Sen embargo, a entidade emisora poderá, logo de autorización do Banco de España, decidir con un preaviso, polo menos de cinco anos, amortizar, ó par, a totalidade das obrigacións emitidas, anunciándoo oportunamente, tanto no taboleiro de anuncios da emisora como no Boletín Oficial do Rexistro Mer

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

cantil, con trinta días de antelación, como mínimo, á data de amortización, e comunicarase á Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Cotización en bolsa: a presente emisión estará cotizando nun prazo non superior a catro meses, unha vez cerrado o período de subscrición na Bolsa de Valores de Madrid.

Garantías da emisión: a emisión estará garantida pola responsabilidade patrimonial universal da entidade emisora, conforme a dereito, sitúase para efectos de prelación de créditos, dado o carácter de financiamento subordinado da mesma, e a lexislación que lle é aplicable, tralos acredores comúns, e así farase constar na preceptiva escritura de emisión.

Réxime fiscal: os xuros estarán suxeitos a retención por rendementos do capital mobiliario o tipo legal vixente en cada momento (actualmente o 25%).

Folleto de emisión: existe un folleto informativo gratuíto á disposición do público en tódalas oficinas da Caixa de Aforros Provincial de Ourense e na Bolsa de Valores de Madrid; do seu contido responsabilízanse Luis Carrera Pásaro, Manuel Fernández Rodríguez, Alfonso Cortés Castañera, Amadeo Rodríguez Piñeiro e Ignacio Yusty García, en calidade de director xeral, subdirector-xefe da área comercial, subdirector-xefe da área financeira, subdirector-xefe da área de medios e subdirector-xefe da área de planificación comercial, respectivamente. O dito folleto informativo foi inscrito con data 18 de xullo de 1995 no Rexistro Oficial da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Sindicato de obrigacionistas: constituirase un sindicato de posuidores de obrigacións subordinadas da presente emisión, designándose para o cargo de comisario provisional do dito sindicato a Jorge Vázquez González, con domicilio en Avda. da Habana, 25-7ºB 32003 Ourense.

Ourense, dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Luis Carrera Pásaro

Director xeral de Caixa Ourense