Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 14 de xuño de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia ó extravío do resgardo de depósito varios, en aval bancario nº 906/1990, ós efectos de expedición do duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito varios número 906/1990, do 6-6-1990, por importe de 100.000 ptas., constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a José Barroso García e a disposición da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, para responder da solicitude da tarxeta de transportes MDL. OR-8666-K, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38-entresollado.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contado desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 14 de xuño de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

95-5211