Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se dá publicidade á dictada polo titular desta consellería que adxudica a contratación dunha subministración e instalación dun grupo electróxeno de 100 kVA para alimentación auxiliar da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do día 18 de maio de 1995, convocouse concurso público paa a contratación dunha subministración e instalación dun grupo electróxeno de 100 kVA, para alimentación auxiliar da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da Mesa de Contratación, constituída para tal fin, o titular desta consellería,

RESOLVEU:

Adxudica-la citada contratación á empresa Santos Héctor, S.L. por importe de 3.100.000 pesetas, IVE engadido.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-04579