Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.962

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (497/1994).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº seis de Santiago de Compostela, certifico que neste xulgado séguense autos de xuízo executivo nº 497/1994 por instancia de Banco Herrero, S. A. representado polo procurador señor Regueiro Muñoz contra Vivendas 2001, S.A. Miguel Alvarez de Toledo Saavedra, Manuel Vieitez

Rodríguez e Pazo Valle Mahia, S.A. e nas ditas actuacións dictouse pa presente sentencia de data vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco, co encabaezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo nº 497/1994, promovidos polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación do Banco Herrero, S. A. e asistido polo letrado Francisco Javier Paraja de la Riera, contra Viviendas 2001 S. A., Miguel Alvarez de Toledo Saavedra, Manuel Vieitez Rodríguez e o Pazo Valle Mahía, S.A. e declarados en rebeldía.»

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer trance e remate dos bens embargados ós demandados Viviendas 2001, S. A., Miguel Alvarez de Toledo Saavedra, Manuel Vieitez Rodríguez e o Pazo Valle Mahía, S.A. declarados procesualmente en rebeldía e co seu producto enteiro, cumplido pagamento á parte actora, da cantidade de 30.108.444 pesetas, importe do principal e a suma de 15. 000.000 pesetas para xuros e custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno ós demandados rebeldes, ós que se lles notificará a dita sentencia na forma previda pola lei.

Así por esta miña sentencia da que se levará certificación á causa, definitivamnte xulgando nesta instancia, pronúncioa, mandoa e asínoa.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia por edictos a Pazo Valle Mahia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco

Rubricado.

95-4660