Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.962

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (186/1992-01).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido.

Certifica: que nos autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co nº 186/1992, promovidos polo Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra José Luís Regueiro Besteiro e Isabel Cisneros del Moral, sobre reclamación de cantidade (póliza de préstamo), celebrada terceira poxa con data 26 de maio de 1995, pola representación da parte actora, ofreceuse a postura de 1.000 pesetas, en calidade de cede-lo remate a un terceiro, sobre o ben obxecto de poxa que se describe: vehículo Renault 19, modelo TXE Chamade, matrícula PO-5919-AH.

Sendo a postura ofrecida inferior ás dúas terceiras partes do tipo da segunda poxa, con suspensión do remate e para efectos do artigo 1506, da Lei de enxuizamento civil, faise sabe-lo prezo ofrecido ós deudores, os cales, dentro dos nove días seguintes, poderán pagar ó acreedor liberando os bens ou presentar un terceiro que mellore a postura, facendo o depósito prevido, ou paga-la cantidade ofrecida polo postor para que se deixe sen efecto a aprobación do remate, obrigándose ó propio tempo a paga-lo resto do principal e as custas nos prazos e condicións que ofreza e que, oído o executante, probe o xuíz. Facéndolle saber que o incuprimento das obrigas asumidas dará lugar a unha nova poxa nas mesmas condicións cá terceira, sen que nela poida utilizar esta última facultade.

E para que sirva de notificación e traslado polo referido termo de nove días ós executados, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4491