Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.962

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1995 de corrección de erros pola que se corrixe a do 10 de maio de 1995 na que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertido erro na inserción da mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 126, do 3 de xullo de 1995, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:

No anexo, páxina 5.248, onde di: «Praza nº 1309/95, Actividades a realizar por quen obteña a praza: estudios da arte galega: moderna e contemporánea en Santiago de Compostela», debe dicir: «Praza nº 1309/95, Actividades a realizar por quen obteña a praza: historia da arte en Santiago de Compostela».

No anexo, páxina 5.248, onde di: «Praza nº 1311/95, Actividades a realizar por quen obteña a praza: xeografía xeral humana e xeografía económica en Santiago de Compostela», debe dicir: «Praza nº 1311/95, Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela».

En consecuencia, o prazo de presentación de instancias empezará a contar a partir da publicación desta corrección no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

95-4492