Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten e axudas para a formación de profesorado en novas titulacións, convocadas nos anexos I e II á Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 5 de abril) pola que se aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

A Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario prevé, respectivamente, nos seus anexos I e II, a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten e de axudas para a formación de profesores en novas titulacións.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás propostas elaboradas pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle unha bolsa para actualización do profesorado respecto da materia que imparten ás persoas que se relacionan no anexo I á presente resolución, para realizar unha estadía no centro que se sinala, durante o período que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-Concederlle unha axuda para a formación de profesores en novas titulacións ás persoas que se relacionan no anexo II á presente resolución, durante o período que se especifica e na contía que se sinala en cada caso.

Terceiro.-Os pagamentos destas bolsas faranse de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria (puntos I.3 e II.4).

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de marzo de 1995, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1995

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-5163