Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se conceden as axudas para organización de congresos, simposios ou seminarios que se vaian celebrar en Galicia convocadas no anexo IV da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril), pola que se aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo IV, a concesión de axudas para a organización de congresos, simposios ou seminarios que se celebren en Galicia no período comprendido entre o 4 de abril de 1995 e o 30 de setembro de 1996.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, creada por Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder axudas ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución para a realización dos eventos que se indican en cada caso.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de marzo de 1995, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicion derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-5160