Visto o expediente de solicitude formulado por José Formigo Sánchez, en representación da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela.
Vistos os informes emitidos polos servicios técnicos provinciais.
Considerando que o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, establece na súa disposición transitoria terceira 1 a posibilidade de solicitar e obter autorización para imparti-las ensinanzas de grao medio correspondentes á nova ordenación do sistema educativo, por parte dos centros docentes privados recoñecidos para a impartición das ensinanzas de música de grao medio no momento da súa entrada en vigor, sempre que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 13, 19 e 20 do devandito real decreto.
Considerando que o Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, fixa no ano 2000-2001 o límite para o cumprimento por parte dos centros citados dos requisitos mínimos de instalacións e condicións materiais que se establecen no R.d. 389/1992, do 15 de abril.
Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei 30/1992, do 26 de novembro; o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, e o Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro.-Autorizar ó centro que se recolle no anexo a imparti-las ensinanzas de grao medio de música
establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.
Segundo.-A devandita autorización ten carácter provisional debendo o centro adapta-las súas instalacións e condicións materiais ós requisitos mínimos establecidos no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, antes do ano académico 2000-2001.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Titular: Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela.
Domicilio: Praza Salvador Parga, nº 4.
Localidade: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Ensinanzas autorizadas: Grao medio de música.
9504540