Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se autoriza a implantación de módulos profesionais en distintos centros privados.

Estudiadas as propostas promovidas ó amparo da Orde do 17 de marzo de 1995 (DOG do 10 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1995/1996, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

É polo que esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autoriza-la implantación de módulos profesionais para o curso 1995/1996, nos distintos centros privados que de seguido se relacionan:

1. A Coruña.

1.1. Colexio Karbo na Coruña.

-M2 de Auxiliar de Administración e Xestión, para 35 alumnos como máximo nun só grupo en réxime diurno.

1.2. Colexio La Paz na Coruña.

-M3 de Actividades Físicas e Animación Deportiva, para 35 alumnos como máximo nun só grupo en réxime diurno.

1.3. Centro Delta-Tor de Santiago de Compostela.

-M2 de Auxiliar de Comercio Interior, para 35 alumnos como máximo nun só grupo en réxime diurno.

1.4. Colexio Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

-M3 de Actividades Físicas e Animación Deportiva, para 35 alumnos como máximo nun só grupo en réxime diurno.

2. Pontevedra.

2.1. Centro Superior de Estudios Profesionais de Cangas.

-M3 de Actividades Físicas e Animación Deportiva, para 23 alumnos como máximo nun só grupo en réxime diurno.

2.2. Colexio Hogar San Roque de Vigo.

-M2 de Reproducción Fotomecánica, para 35 alumnos como máximo nun só grupo en réxime diurno.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

Sres./Sras. Directores/as dos Centros Privados

95-5161