Visto o expediente de solicitude formulado por Begoña Acuña González como titular do centro autorizado de música Coppelia.
Vistos os informes emitidos polos servicios técnicos provinciais.
Considerando que o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, establece na súa disposición transitoria terceira 1 a posibilidade de solicitar e obter autorización para imparti-las ensinanzas de grao medio correspondentes á nova ordenación do sistema educativo, por parte dos centros docentes privados recoñecidos para a impartición das ensinanzas de música de grao medio no momento da súa entrada en vigor, sempre que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 13, 19 e 20 do devandito real decreto.
Considerando que o Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, fixa no ano 2000-2001 o límite para o cumprimento por parte dos centros citados dos requisitos mínimos de instalacións e condicións materiais que se establecen no R.d. 389/1992, do 15 de abril.
Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei 30/1992, do 26 de novembro; o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, e o Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro.-Autorizar ó centro que se recolle no anexo a imparti-las ensinanzas de grao medio de música establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.
Segundo.-A devandita autorización ten carácter provisional debendo o centro adapta-las súas instalacións e condicións materiais ós requisitos mínimos establecidos no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, antes do ano académico 2000-2001.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Denominación: Coppelia.
Titular: Mª Begoña Acuña González.
Domicilio: r/ Pi y Margall, nº 61.
Localidade: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Ensinanzas autorizadas: grao medio de música.
4842