Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor; e a modalidade excepcional para o transporte internacional de viaxeiros e mercadorías.

A Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e o seu regulamento, aprobado por Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, determinan que para o exercicio das actividades de transportistas de viaxeiros e mercadorías por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, será necesario acreditar previamente o cumprimento do requisito de capacitación profesional. Para estes efectos, e de conformidade co establecido na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, pola que se delega na Comunidade Autónoma de Galicia a competencia para a convocatoria, realización e avaliación das probas e posterior expedición do título, procede convocar aquelas, así como determina-las datas de celebración das probas e dos tribunais que as avaliarán.

A orde ministerial do 7 de outubro de 1992 (BOE nº 249, do 16 de outubro), de desenvolvemento do capítulo primeiro do título II do regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sobre condicións previas para o exercicio das actividades de transportista e auxiliares e complementarias do transporte, modifican o réxime das probas para a obtención da capacitación profesional, refundindo nun só exercicio as probas específicas para o acceso á capacitación profesional de axencia de transporte, de tran

sitario e de almacenista-distribuidor, e unificando as probas de capacitación de transporte interior e internacional.

Sen embargo, para adecua-lo réxime anterior á normativa actual, é necesario establecer un sistema excepcional, recollido na disposición transitoria primeira da orde, para que poidan acceder á capacitación profesional para transporte internacional aqueles que unicamente a teñan para transporte nacional, de xeito que non se lles obrigue a facer o novo modelo de exame, que abrangue materias propias da capacitación profesional de transporte nacional e internacional.

Por iso, a convocatoria prevé o sistema excepcional sinalado, ademais das probas referidas ás tres modalidades actualmente vixentes de acceso á capacitación profesional (1. Transporte interior e internacional de viaxeiros; 2. Transporte interior e internacional de mercadorías; e 3. As distintas actividades auxiliares e complementarias do transporte).

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Lei 16/1987 e Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, Real decreto 1551/1988, do 23 de decembro (BOE nº 311 do 28), Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 260, do 30 de outubro) e orde ministerial do 7 de outubro de 1992 (BOE nº 249, do 16), e de acordo coa autorización conferida pola orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 8 de xuño de 1989 (DOG nº 119, do 22 de xuño),

DISPOÑO:

Artigo único.-Convócanse probas de capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estra- da, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, e de transportista na súa modalidade de transporte internacional, de acordo coas seguintes,

BASES:

Primeira.-Ámbito das probas.

Convócanse probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista de viaxeiros e de mercadorías por estrada, común para o transporte interior e internacional; de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor; e de transporte de viaxeiros e de mercadorías na súa modalidade de transporte internacional; que se celebrarán na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Exercicios.

Os exercicios de que constarán as probas, a súa estructura e forma de cualificación serán as establecidas na orde do Ministerio de Obras Públicas e Transportes do 7 de outubro de 1992 (BOE nº 249, do 16 de outubro), reguladora das probas citadas.

Os exercicios de capacitación para transportistas de viaxeiros e mercadorías por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, versarán sobre o coñecemento das materias incluídas no programa que figura como anexo B da orde ministerial do 7 do outubro de 1992 (BOE nº 249).

Terceira.-Solicitudes.

1. As instancias nas que se solicita tomar parte nas probas debidamente cubertas, de conformidade cos modelos que se xuntan a esta orde, (anexo I-Sistema ordinario e anexo II-Sistema excepcional), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no edificio administrativo de San Caetano, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no disposto na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

2. Ás solicitudes deberán xuntarse a fotocopia do DNI e o impreso de taxa autoliquidación correspondente á Administración da 4ª folla, se é o caso, cando se produzan as circunstancias regulamentariamente previstas que posibiliten presentarse ás probas, nun lugar distinto a aquel en que o solicitante teña o seu domicilio habitual, dos documentos acreditativos das devanditas circunstancias.

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Cuarta.-Dereitos de exame.

1. De conformidade co artigo 21.2º da Lei 13/1991, do 9 de decembro (DOG nº 241 de 13 de decembro) e Lei 6/1994, do 29 de decembro (DOG nº 251 do 30 de decembro), os dereitos de exame establécense na cantidade de dúas mil duascentas corenta e cinco pesetas (2.245 ptas.), por cada unha das actividades mencionadas ás que cada interesado se presente, e ingresaranse logo de cubri-los impresos de taxas (consellería de: PTOPV, Cód.: 06, delegación de: SSCC - Cód.: 13, servicio de: Transportes - Cód. 02, denominación: dereitos de exame capacitación, Clave: 31.01.06) que se poderán obter nos servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos servicios provinciais de Transportes ou nas delegacións provinciais da citada consellería.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda procederá á revisión delas.

Ultimado o proceso, exporansen nos taboleiros de anuncios dos organismos a que fai referencia o apartado anterior, a lista provisional de excluídos con indicación do motivo da súa exclusión.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da exposición da citada lista, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de emenda presentadas, a Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que anuncia a exposición pública das lista definitivas

de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o apartado 1º da base cuarta.

5. Devolveranse os dereitos de exame ós solicitantes excluídos definitivamente das probas, sempre que no prazo de un mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de referencia no apartado 4º da base cuarta sexa solicitado segundo modelo que figura na presente resolución como anexo III.

Quinta.-Tribunal, datas e lugar dos exames.

1. O tribunal cualificador das probas estará constituído polos seguintes membros:

Presidente: Juan Carlos Villarino Tejada, director xeral de Transportes.

Presidente suplente: Javier García de Bidegain, subdirector xeral de Ordenación do Transporte.

Vocais:

Juan Girón Astray, subdirector xeral de Inspección e Sancións.

David González Coalla, xefe de servicio, da Subdirección Xeral de Inspección da Dirección Xeral de Transportes.

Manuel Grande Grande, xefe de Servicio Concesións e Autorizacións da Dirección Xeral de Transportes.

Vocais suplentes:

Antonio Lage González, xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo.

Mª Cruz Tomé Navas, xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra.

Gonzalo López González, xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña.

Secretaria: Mª del Carmen Campos Nuño de La Rosa, xefa de Negociado, Dirección Xeral de Transportes.

Secretaria suplente: Pilar Méndez Vázquez, xefa de Negociado, Dirección Xeral de Transportes.

Para os efectos do disposto no artigo 26 do Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG nº 106, do 1 de xuño), o tribunal avaliador das probas cualificaranse como de primeira categoría.

2. Calendario e horarios.

Día 18 de novembro:

-Axencias de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor.

9 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «A» ata os que comezan por «LI», ambos inclusive.

11 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «LO» ata os que comezan por «Z», ambos inclusive.

Día 25 de novembro:

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías.

9 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «A» e os que comezan por «E», ambos inclusive.

10.15 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «F» e os que comezan por «LI», ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías.

11.30 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «A» e os que comezan por «E», ambos inclusive.

13.30 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «F» e os que comezan por «LI», ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de viaxeiros.

17 h. Apelidos comprendidos entre as letras «A» e «LI», ambas inclusive.

Día 2 de decembro:

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías.

9 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «LO» e os que comezan por «P», ambos inclusive.

10.15 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «Q» e os que comezan por «Z», ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías.

11.30 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «LO» e os que comezan por «P», ambos inclusive.

13.30 h. Apelidos comprendidos entre os que comezan por «Q» e os que comezan por «Z», ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de viaxeiros.

17 h. Apelidos comprendidos entre as letras «LO» e «Z», ambas inclusive.

Modalidade extraordinaria:

Día 11 de novembro:

-Internacional de mercadorías.

10 h. Apelidos comprendidos entre as letras «A» e «LI», ambas inclusive.

11 h. Apelidos comprendidos entre as letras «LO» e «Z», ambas inclusive.

-Internacional de viaxeiros.

12 h. Apelidos comprendidos entre as letras «A» e «Z», ambas inclusive.

3. Lugar.

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, r/ Xoán XXIII, s/n, Santiago de Compostela.

Sexta.-Domicilio e requisitos dos aspirantes.

1. Os aspirantes deberán presentar ó tribunal correspondente no momento do comezo dos exercicios o orixinal do seu documento nacional de identidade, o domicilio que figure neste deberá estar incluído no ámbito territorial ó que se estenda a actuación do devandito tribunal.

2. O domicilio que figure na solicitude considerarase como único válido para efectos de notificación é responsabilidade exclusiva do solicitante, tanto o

erro na súa consignación, como a comunicación á Dirección Xeral de Transportes de calquera cambio do mesmo.

3. Cando se produzan cambios de domicilio que non sexa posible reflectir no DNI, o domicilio poderase xustificar mediante un certificado de empadroamento expedido polo correspondente concello. Cando se trate de persoas que estean prestando o servicio militar fóra do seu lugar de residencia, poderán presentarse a probas nun lugar distinto deste, se presentan o orixinal do certificado expedido para o efecto polo xefe da súa respectiva unidade.

4. As persoas que xustifiquen te-lo seu domicilio en territorio estranxeiro, poderán concorrer ás probas perante o tribunal que coiden conveniente, ó presenta-la correspondente solicitude na Dirección Xeral de Transportes da comunidade autónoma na que este actúe.

Sétima.-Convocatoria ordinaria.

O solicitante que desexe examinarse dunha das dúas modalidades de transporte (viaxeiros ou mercadorías) e posúa as capacitacións profesionais para o transporte interior e internacional da outra de acordo co réxime anterior, quedará eximido do exame común para o transporte interior e internacional de viaxeiros e mercadorías, sempre que así o xustifique cumpridamente mediante a presentación de fotocopia com- pulsada dos seus recoñecementos.

Oitava.-Convocatoria extraordinaria.

1. As persoas que xa sexan titulares de autorizacións de transporte deberán xustificar na súa solicitude a titularidade de concesións ou autorizacións de transporte, coa antigüedade requirida na Lei 16/1987, para o recoñecemento da capacitación profesional para o transporte interior.

A xustificación farase mediante a presentación coa solicitude de fotocopia compulsada de, polo menos, unha das autorizacións de transporte que acredite o cumprimento das condicións esixidas.

2. As persoas que xa teñan recoñecida a capa- citación profesional deberán xustificar na súa solicitude o cumprimento dese requisito, mediante a presentación de fotocopia compulsada do recoñecemento.

3. As persoas que realizasen a dirección efectiva da empresa de transporte non se lles presumirá a posesión da capacitación profesional, mentres non sexa formalmente recoñecida de acordo coa tramitación establecida polo Ministerio de Obras Públicas e Transportes.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9504539