Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995 pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xullo de 1995.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 6 de xullo de 1995, relativo á adxudicación provisional dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación pola Corporación Local de Lugo, resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidad. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 6 de xullo de 1995, polo que se adxudica provisionalmente 1 emisora de radiodifusión sonora para a súa explotación polo concello de Lugo, texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO Á RESOLUCIÓN DO 11 DE XULLO DE 1995

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcilamente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, acorda adxudicar con carácter provisional a explotación dunha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó concello de Lugo, que se relaciona no anexo adxunto, con expresión das características que corresponden á citada emisora.

O outorgamento da concesión, que habilitará en funcionamento da correspondente emisora, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á rea

lización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública adoptará as medidas necesarias para a execución do presente acordo».

Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación pola Corporación Local de Lugo.

Prov.: LU.

Municipio: Lugo.

F(Mhz): 97.3.

Lonx.: 7W3324.

Lat.: 43N0037.

Cota: 454.

HEFM: 37.5.

PRAW: 500.

P: M.

D: N.

Sector:-

5239