Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xuño de 1995 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Costa Gallega, S.A., co número 1018 (1983) de orde e casa central na rúa Ramón y Cajal, 53-Centro Comercial Cuatro Caminos, A Coruña.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes Viajes Costa Gallega, S.A., sita na rúa Ramón y Cajal, 53-Centro Comercial Cuatro Caminos, A Coruña, da que é representante legal José I. Fernández Molina.

Resultando que ó abeiro do establecido na disposición transitoria 1ª do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, pola que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, notificóuselle á citada axencia mediante Cédula do 3 de abril de 1995 (DOG nº 85, do 4 de maio) a obrigatoriedade de presentar perante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo de un mes, a documentación acreditativa de ter realizada a súa adecuación a cada un dos aspectos recollidos no referido decreto.

Resultando que a axencia Viajes Costa Gallega, S.A. non presentou a documentación requirida, polo que continúa sen adaptarse ós requisitos e prescricións contidos no mencionado regulamento.

Considerando que ó transcorrer sobradamente o prazo sinalado pola normativa vixente, sen que a citada axencia presentase a documentación necesaria para adaptarse ó Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, cómpre revogar de oficio o seu título-licencia, de conformidade co establecido no número 2 da disposición transitoria primeira do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o devandito regulamento.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Revoga-lo título-licencia de axencias de viaxes a Viajes Costa Gallega, S.A., co nº 1018 (1983) de orde e casa central na rúa Ramón y Cajal, 53-Centro Comercial Cuatro Caminos, A Coruña.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-05118