Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4324 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora-lo servicio eléctrico no sector.

Orixe da liña: apoio nº 41 da L.M.T.A. Monforte de Lemos-A Pobra de Brollón.

Final: C.T. proxectado.

Situación do transformador: solar de edificación para centro de Exposición de Recursos da Xunta de Galicia na estrada N-120 Monforte de Lemos.

Características: centro de transformación, tipo intemperie, sobre un apoio de formigón cunha potencia de 160 kVA e tensións 20.000, 400/231 V, así como a liña de media tensión que alimentará o C.T. cunha lonxitude de acometida de 943 metros, con obxecto de subministraren enerxía á rede de distribución de baixa tensión, necesaria para atende-la demanda da zona, Centro de Exposición de Recursos da Xunta de Galicia na estrada N-120 en Monforte de Lemos.

Orzamento: 4.888.151 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 23 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4501