Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres (números 94/0032 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe das sancións farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no

prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución sexa firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 6 de xuño de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei 4/1995 CEN

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

imposta

EN 94/0032Rueda Rodríguez, Carlos

34.245.314

Avda. de Santiago, 32-4º

Ourense

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve25.000 ptas.
EN 94/0035Barbeito Cañas, José Fernando

32.788.485

Independencia, 15-1º

A Coruña

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve25.000 ptas.
EN 94/0049Díaz Díaz, Manuel

76.618.672

Vilar de Sarria

Lugo

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve25.000 ptas.

4717