Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a supresión do acto de adxudicación polo sistema de adxudicación directa das obras que foron obxecto de anuncio, por Resolución do 13 de xuño de 1995, inserto no DOG do 27.

Esta delegación provincial, por aplicación da disposición transitoria primeira da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19-5-1995), que obriga a adapta-los procesos de adxudicación á nova lei, resolve deixar sen efecto o referido anuncio e o acto de apertura de proposicións, fixado para o día 17 de xullo, debendo proceder a un novo anuncio de contratación, por un dos sistemas establecidos na Lei 13/1995, do 18 de maio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ourense, 11 de xullo de 1995.

José Luis Muñoz Lechón

Delegado provincial de Ourense

4650