Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4304 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA). R/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación de Ansemar, Azúmara, Goberno e outros, no concello de Castro de Rei.

Finalidade: mellora da subministración de enerxía eléctrica nas parroquias de Ansemar, Azúmara e Goberno.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, cunhas lonxitudes de 394 metros a de Curro, 440 metros a de Estrigueiras, 602 metros a de Madorra e 660 metros a de Pereira, todas sobre apoios de formigón vibrado e torres metálicas, con conductor LA-56, de 54,6 mm de sección. Reforma das LL.MM.TT. existentes de Azúmara, Ansemar, Corral, Anoga e Goberno. Centros de transformación de 25

kVA en Anoga, 50 kVA en Estrigueiras, Madorra, Azúmara, Corral, Goberno e Pereira, e de 100 kVA en Curro, todos eles de características 20.000-10.000/380-220 V ± 5%, que se van instalar sobre torres metálicas ó final das liñas de media tensión. Redes de baixa tensión sobre apoios de formigón vibrado e conductores R.Z.-95-50-25, para dar servicio ós lugares de Outeiro, Albarido, Lamas, Estrigueiras, Veiga, Choqueiro, Pedreiras, Cabaleiros, Madorra, Curro, Fontón, Corral, Costanza, Fonte do Val, Escairo, Campo de Outeiro, Azúmara, Anoga, Espiñeiro, Teixeiros Vellos, Goberno, Pedrón, Pereira, Francos, Ameixide e Suso, no concello de Castro de Rei.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 70.767.879 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4652