Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.922

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1995 pola que se convocan oitenta e catro cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

A formación, como elemento estratéxico para mellorar e adecua-los servicios sanitarios á demanda dos usuarios, pola vía da capacitación dos profesionais, require, na súa planificación, dunha continuidade que a faga realmente efectiva.

A tal fin, no marco do Acordo de Formación Continuada das administracións públicas, do 21 de marzo de 1995, unha vez aprobado o plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependente do Sergas, logo de informe favorable das centrais sindicais CC.OO., UXT e CSIF, esta dirección xeral resolve facer pública a convocatoria para participar nos cursos que figuran no anexo I, que deberá resolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Acceso ás actividades.

I. Poderá participar nas accións formativas todo o persoal das institucións sanitarias dependentes do Sergas que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

A lista dos seleccionados publicarase nos taboleiros de anuncios de tódolos centros de xestión.

Segunda.-Solicitudes.

I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presenta-la documemtación seguinte:

a) Instancia de solicitude perfectamente cuberta segundo anexo II.

b) Certificado expedido polo director de Xestión e servicios xerais, coa conformidade do director xerente, da institución sanitaria da que dependa no que se acreditarán, como mínimo, os datos seguintes:

-Datos de identificación do solicitante.

-Categoría e posto que vén desempeñando.

-Descrición breve do contido das funcións e a relación que teñen coa materia que se impartirá na acción formativa solicitada.

-Vínculo do solicitante (propietario, interino en vacante ou outro tipo de eventualidade).

-No caso de ser propietario o solicitante, a antigüidade acreditada. Cando se trate de persoal eventual, certificaranse os servicios prestados en centros dependentes do sistema nacional de saúde que acredite.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso dos convocados.

III. O prazo de presentación de instancias será o comprendido entre o 24 de xullo e o 2 de setembro de 1995, ámbolos dous incluídos.

IV. A documentación presentarase no centro de xestión donde terá lugar o desenvolvemento do curso ou ben no centro de xestión do que dependa o solicitante.

V. De existir máis solicitudes que prazas, os criterios selectivos para participar nas accións formativas serán, por esta orde, os seguintes:

1. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante, no desempeño do seu posto de traballo e a materia ou materias obxecto do curso.

2. De existir un número maior de solicitantes seleccionados que de prazas, terán prioridade os profesionais que teñan realizado o menor número de cursos, sobre a mesma materia.

3. De continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios no Sergas con praza en propiedade ou como interino en vacante e en segundo lugar os profesionais con nomeamento ou contrato temporal.

4. De existir, aínda, un número maior de solicitudes que de prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

5. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

Non obstante o antedito, naqueles supostos nos que, pola índole do curso, se precise posuír coñecementos previos, poderase determinar no anexo I a prioridade dos solicitantes que os acrediten, ben documentalmente, ou mediante proba teórica ou práctica, se fose necesario.

Terceira.-Acreditacións.

I. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia que non exceda o 15% das horas lectivas programadas deberá ser xustificada debidamente polo interesado. Unha ausencia superior ó 15% impedirá a expedición do certificado que acredite a participación ou aproveitamento do curso.

Cuarta.-Modificacións.

II. A Dirección Xeral de Recursos Humanos, poderá adapta-los contidos e desenvolvemento dos cursos, co fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Quinta.-Financiamento.

Debido á procedencia dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administracións Públicas segundo o previsto na orde do Ministerio para as admi

nistracións públicas do 4 de maio de 1995 e na Resolución do 4 de maio de 1995, do INAP.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

CURSO: XESTIÓN DE LISTAS DE ESPERA (1 CURSO)

1. Obxectivos:

-Análise das novas tendencias na sextión das listas de espera das institucións sanitarias.

-Unificación de criterios na xestión de listas de espera nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

2. Destinatarios:

Xefe de servicio e sección dos servicios de admisión hospitalaria.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 40.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

25, 26, 27, 28 e 29 de setembroHospital Psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela

4. Contido básico:

-Coñecemento dos factores que determinan a orixe da lista de espera.

-Análise descritivo da situación actual.

-Teorías e instrumentos dispoñibles para a xestión das listas de espera.

CURSOS: XESTIÓN DE PERSOAL (2 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Perfeccionamento na xestión de recursos humanos.

2. Destinatarios:

Xefes de servicio ou sección dos servicios de persoal.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 48 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 55 por curso.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

25, 26, 27, 28 e 29 de setembro
e 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de outubroHospital Juan Canalejo. A Coruña
2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 16, 17,
18, 19, e 20 de outubroHospital Xeral Cíes. Vigo

4. Contido básico:

-Lexislación sanitaria: os estatutos de persoal e normativa de desenvolvemento.

-Sistemas retributivos.

-Xestión de nóminas e Serguridade Social.

-Contratación.

-Negociación colectiva.

-Xestión de cadros de persoal.

CURSOS: XESTIÓN DE SUBMINISTRACIÓN (2 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Orientación de cara á mellora da xestión, eficacia-eficiencia na xestión de subministracións de institucións sanitarias.

-Homoxenización de criterios nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

2. Destinatarios:

Xefes de servicio ou sección dos servicios de subministracións das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 48 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 40 por curso.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 16,
17, 18, 19 e 20 de outubroHospital de Conxo. Santiago de Compostela
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro
e 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de outubroHospital do Meixoeiro. Vigo

4. Contido básico:

-Coñecemento dos instrumentos de xestión.

-Selección e adquisición de productos.

-Procesos de distribución.

-Control do almacen.

-A informática e a xestión de subministración.

CURSOS: XESTIÓN DE HOSTELERÍA (2 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Análise das novas tendencias na xestión de hostelería das institucións sanitarias.

-Unificación de criterios na xestión hospitalaria das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

2. Destinatarios:

Xefes de servicio e sección dos servicios de hostelería das institucións sanitarias do Sergas.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 48 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 20 por curso.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

25, 26, 27, 28 e 29 de setembro
e 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de outubroHospital Juan Canalejo. A Coruña
2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 16, 17,
18, 19, e 20 de outubroHospital Montecelo. Pontevedra

4. Contido básico:

-O servicio de hostelería dentro do hospital.

-Coñecemento das unidades de alimentación.

-Dietética e nutrición.

-Xestión hostelera e lencería.

-Procesos de funcionamento.

CURSOS: ORGANIZACIÓN E CONTROL DO MANTEMENTO (2 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Unificación de criterios na Comunidade Autónoma.

-Coñecemento das novas formas de xestión.

2. Destinatarios:

Xefes dos servicios e seccións dos servicios de mantemento das institucións do Sergas.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 48 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 40 por curso.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 16,
17, 18, 19 e 20 de outubroHospital Psiquiatr. de Conxo. Santiago de Compostela.
16, 17, 18, 19, 23

24, 25, 26 de outubro

e 6, 7, 8 e 9 de novembroHospital Xeral Calde. Lugo.

4. Contido básico:

-Definiciación de mantemento. Organización.

-Situación funcional do mantemento.

-Parámetros de control dun sistema de mantemento. Repercusións do control na optimización do custo.

-Funcións do mantemento.

-Definición de obxectivos de mantemento estratéxicos.

-Sistemas de mantemento preventivo.

-Planificación dos traballos de mantemento estratéxicos.

-Métodos de xestión da información.

-Otros métodos de mantemento.

CURSOS: SISTEMAS DE COMUNICACIÓN E ATENCIÓN Ó USUARIO (8 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Mellora-la atención ó usuario por parte do personal das institucións sanitarias.

2. Destinatarios:

Persoal de cita previa e servicio de atención ó paciente, admisión, telefonía, secretarias de dirección e xestión, secretarias de planta e celadores.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 44 horas.

3.2. Horario: de 9:00 a 13:00 horas ou de 17:00 e 21:00.

3.3. Prazas: 50 por curso.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

09:00 a 13:00Materno-Infantil. A Coruña.
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

17:00 a 21:00Materno-Infantil. A Coruña.
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

09:00 a 13:00H. Xeral Calde. Lugo.
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

17:00 a 21:00H. Xeral Calde. Lugo
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

09:00 a 13:00C.H. Cristal Piñor. Ourense.
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

17:00 a 21:00C.H. Cristal Piñor. Ourense.
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

09:00 a 13:00H. Xeral Cíes-C. especialidades. Vigo.
2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 16, 17,

18 e 19 de outubro

17:00 a 21:00H. Xeral Cíes-C. especialidades. Vigo

4. Contido básico:

-Técnicas de comunicación e atención ó usuario.

-As comunicacións interpersoais.

-Fallos e melloras na comunciación.

-A atención telefónica.

CURSOS: DOCUMENTACIÓN E ARQUIVO (8 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Perfeccionamento na xestión da documentación e arquivos.

-Coñecemento das novas técnicas e soportes da información.

2. Destinatarios:

Auxiliares administrativos, secretarias de planta, de dirección e de xestión e, en xeral, ó persoal encargado da documentación e arquivos.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario. de 9:00 a 13:00 horas ou de 17:00 e 21:00.

3.3. Prazas: 30 por curso.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00Materno-Infantil. A Coruña.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00Materno-Infantil. A Coruña.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00H. Xeral Calde. Lugo.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00H. Xeral Calde. Lugo
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00C.H. Cristal Piñor. Ourense.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00C.H. Cristal Piñor. Ourense.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00H. Xeral Cíes-C. especialidades.Vigo.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00H. Xeral Cíes-C. especialidades. Vigo

4. Contido básico:

-Presentación xeral dos problemas de arquivo.

-Sistemas de clasificación.

-Topografía dos arquivos.

-A organización de arquivos.

-A vida do arquivo.

-Servicio de documentación.

-Análise documental.

-Linguaxes documentais.

-Novos soportes da información.

CURSOS: SERVICIOS DE HOSTELERÍA (8 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Actualiza-los coñecementos sobre novas orientacións en materia de nutrición e dietética.

2. Destinatarios:

Persoal dos servicios de hostelería de institucións sanitarias.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 9:00 a 13:00 horas ou de 17:00 e 21:00.

3.3. Prazas: 20 por curso.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00H. de Conxo. Santiago de Compostela
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00H. de Conxo. Santiago de Compostela
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00H. Xeral Calde. Lugo.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00H. Xeral Calde. Lugo
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00H. Santa María Madre. Ourense.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00H. Santa María Madre. Ourense.
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro09:00 a 13:00H. Montecelo. Pontevedra
25, 26, 27, 28 e 29 de setembro17:00 a 21:00H. Montecelo. Pontevedra

4. Contido básico:

-Dietética e nutrición.

-Manipulación de alimentos.

-Proceso de empRatado.

-Districución de comidas.

CURSOS: CONDUCTOR DE INSTALACIÓNS (2 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Imparti-los coñecementos necesarios do desempeño do posto de conductor de instalacións.

2. Destinatarios:

Persoal de mantemento de institucións sanitarias.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 112 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 20 por curso.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11,

16, 17, 18, 19, 20, 23, 24,

25, 26, 27, 30 e 31 de outubro

6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16

de novembro

09:00 a 13:00H. X. de Galicia. Santiago de Compostela
2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11,

16, 17, 18, 19, 20, 23, 24,

25, 26, 27, 30 e 31 de outubro

6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16

de novembro

09:00 a 13:00H. Xeral Calde. Lugo

4. Contido básico:

-Definición do mantemento.

-Sistemas de mantemento. O mantemento preventivo e correctivo.

-Os custos de manTemento. Influencia dos métidos.

-Control das instalacións. Aspectos técnicos.

-Emerxencias.

-Augas potables e augas de diálise.

-Electricidade.

-Fluídos térmicos.

-Gases medicinais.

CURSOS: O TRASLADO E COIDADE DOS PACIENTES (8 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Perfeccionamento dos asistentes en técnicas de mobilización.

2. Destinatarios:

Celadores con atención directa ó paciente.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 9:00 a 13:00 horas ou de 17:00 A 21:00.

3.3. Prazas: 30 por curso.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

6, 7, 8, 9 e 10 de novembro09:00 a 13:00H. de Conxo. Santiago de Compostela
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro17:00 a 21:00H. de Conxo. Santiago de Compostela
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro09:00 a 13:00H. Xeral Calde. Lugo.
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro17:00 a 21:00H. Xeral Calde. Lugo
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro09:00 a 13:00H. Santa María Madre. Ourense.
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro17:00 a 21:00H. Santa María Madre. Ourense.
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro09:00 a 13:00H. Montecelo. Pontevedra
6, 7, 8, 9 e 10 de novembro17:00 a 21:00H. Montecelo. Pontevedra

4. Contido básico:

-Atención directa ó enfermo.

-Movemento e traslado dos enfermos.

-Manipulación e traslado do material clínico e mostras.

CURSOS: INTERPRETACIÓN RADIOLÓXICA PARA MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA (5 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Reciclaxe nas técnicas de interpretación radiodiagnósticas básicas.

-Mellora-las habilidades no manexo de probas diagnósticas complementarias por imaxe mediante a súa actualización.

2. Destinatarios:

Médicos de Atención Primaria e Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

6-17 novembro17:00 a 21:00C.S. Xinzo de Limia e Verín. Ourense
6-10 novembro17:00 a 21:00Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de C.
6-14 novembro17:00 a 21:00C. H. Xeral Calde. Lugo.
18-22 setembro17:00 a 21:00C.S. Vilagarcía de Arousa. Pontevedra
6, 7, 8, 9 e 10 novembro17:00 a 21:00Juan Canalejo-Materno Infantil. A Coruña

4. Contido básico:

-Historias da radioloxía.

-Técnicas de diagnóstico radiolóxico.

-Estudio radiolóxico de distintos órganos.

-Aparello locomotor.

-Aparello dixestivo.

-Tórax.

CURSOS: ELECTROCARDIOGRAFÍA CLÍNICA (5 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Reciclaxe nas técnicas de interpretación eléctrocardiográficas básicas.

-Actualización e mellora das habilidades do manexo de probas diagnósticas complementarias.

2. Destinatarios:

Médicos de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

6-10 novembro17:00 a 21:00Centro de Saúde do Barco. Ourense
23-27 outubro17:00 a 21:00Centro de Esps. El Ventorrillo. A Coruña
13-18 novembro17:00 a 21:00Centro Saúde de Monforte. Lugo
13-24 novembro17:00 a 21:00Centro r/ México. Vigo (Pontevedra)
13-24 novembro17:00 a 21:00Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de C.

4. Contido básico:

-ECG Método.

-Trastornos do sistema de conducción ventricular.

-Hipertrofia ventricular.

-Reglas empíricas.

-Infrato de miocardio.

-Tromboembolismo pulmonar.

-Efecto da digoxina.

-Hiperpotasemia, hipopatasemia, hipocalcemia.

-Pericardite aguda.

-Causas dalgunhas alteracións no ECG.

CURSOS: RESUCITACIÓN CARDIOPULMONAR BÁSICA (5 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Ensino das técnicas de resucitación cardiopulmonar básicas.

-Inciar no manexo do paciente nas manobras de resucitación cardiopulmonar.

2. Destinatarios:

Persoal de Enfermería de Atención Primaria e Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

2-5 outubro17:00 a 21:00Centro de Saúde do Carballiño. Ourense
3-4, 17-17 outubro17:00 a 21:00Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de C.
2-7 outubro17:00 a 21:00Centro Saúde de Lugo
27-28 outubro17:00 a 21:00Centro de Saúde de Lalín. Pontevedra
3-4, 17-18 outubro17:00 a 21:00Juan Canalejo-Materno Infantil. A Coruña

4. Contido básico:

-Colapso cardiovascular, parada cardíaca e morte súbita.

-Revisións e definicións.

-Causas, factores, coadxuvantes e epidemioloxía clínica.

-Definiciación clínica das formas de colapso cardiovascular.

-Manifestacións clínicas da parada cardíaca.

-Identificación dos pacientes con risco de presentar morte súbita.

-Tratamento da parada cardíaca.

-Resposta inicial.

-Soporte vital básico.

CURSOS: RESUCITACIÓN CARDIOPULMONAR AVANZADA (5 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Reciclaxe nas técnicas de resucitación cardioipulmonar.

-Mantemento e mellora no manexo do paciente con manobras de resucitación cardipulmonar, de soporte vital avanzado, e posreanimación.

2. Destinatarios:

Médicos de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

23-26 outubro17:00 a 21:00C. S. de Xinzo de Limia. Ourense
16-18 outubro17:00 a 21:00Hospital Materno Infantil. A Coruña
23-28 outubro17:00 a 21:00Centro Saúde de Lugo
6-7 outubro17:00 a 21:00Centro de Saúde da Estrada. Pontevedra
6-7 outubro17:00 a 21:00C. de S. das Fontiñas. Santiago de C.

4. Contido básico:

-Tratamento da parada cardíaca.

-Resposta inicial.

-Soporte vital básico.

-Soporte vital avanzado.

-Intubación endotraqueal.

-Desfibrilación, cardioversión e colocación dun marcapasos.

-Inserción vía endovenosa.

-Ventilación.

-Posreanimación.

-Fibrilación ventricular primaria no infarto agudo de miocardio.

-Coidados posparada cardíaca trala parada cardíaca extrahospitalaria

CURSOS: ATENCIÓN O PACIENTE POLITRAUMATIZADO (5 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Formación e mellora no manezo do paciente politraumatizado.

-Adquiri-las habilidades precisas nas manobras que faciliten a actuación posterior sobre pacientes con multitraumatismo grave mediato e inmediato.

2. Destinatarios.

Médicos de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

13-17 novembro17:00 a 21:00Centro de Saúde de Celanova. Ourense
6-10 novembro17:00 a 21:00C.H. Arquitecto Marcide. Ferrol
20-25 novembro17:00 a 21:00Centro Saúde de Lugo
1-2 decembro17:00 a 21:00Centro de Saúde de ponteareas. Pontevedra
1-2 decembro17:00 a 21:00Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de C.

4. Contido básico:

-Atención ó paciente grave.

-Valoración rápida.

-Consolidación de vía aérea permeable.

-Reposición de volumen.

-Valoración completa.

-Recollida de datos e peticións.

-Atención ó pacente estable.

CURSOS: ECOGRAFÍA XINECOLÓXICA PARA MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA (4 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Enseñanza e reciclaxe da Ecografía Xinecolóxica diagnóstica.

-Mellora-las habilidades no manexo de probas diagnósticas complementarias por imaxe mediante a súa actualización.

2. Destinatarios:

Médicos de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

27 novembro a
1 decembro17:00 a 21:00Delegación de Sanidade. Ourense
1-2 decembro17:00 a 21:00Delegación de Sanidade. Pontevedra
9-10 e 11 novembro17:00 a 21:00Hospital Materno-Infantil. A Coruña
9-10 e 11 novembro17:00 a 21:00C. de S. das Fontiñas. Santiago de C.

4. Contido básico:

-Bases técnicas do diagnóstico por ultrason en xinecoloxía.

-Bases anatómicas do diagnóstico ecográfico.

-Útero e manexos.

-Neoplasias.

-Ectopias.

-Patoloxía do diafragma pelviano.

-Variantes anatómicas.

-Patoloxía nefrourolóxica asociada.

CURSOS: PROGRAMA DO EMBARAZO E DA MULLER EN ATENCIÓN PRIMARIA (4 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Reciclaxe nos cuidados arredor da muller e os feitos que rodean a súa maternidade.

-Mellora-las habilidades na atención perinatal, antenatal e posnatal, é dicir, os coidados fundamentais á muller e ó neonato durante o embarazo, parto e puerperio, integrando tanto as actividades técnico-asistenciais, como os coidados necesarios para promove-lo nacemento de nenos sans.

2. Destinatarios:

Médicos de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

2-6 de outubro17:00 a 21:00Centro de Saúde de Allariz. Ourense
9-11 novembro17:00 a 21:00Hospital Materno-Infantil. A Coruña
11-16 novembro17:00 a 21:00Centro de Saúde. Lugo
6-10 novembro17:00 a 21:00Centro de Saúde das r/ México. Vigo

4. Contido básico:

-Atención o embarazo.

-Atención ó parto.

-Atención ó puerperio.

-Orientacións sobre vacunacións, embarazo, parto e puerperio.

-Diagnóstico prenatal.

-Hipertensión arterial e embarazo.

-Diabetes e embarazo.

-Medicación na xestación e perperio. Embarazo e infraccións con rico fecal, infeccións urinarias, embarazo e VIH. Ecografía fetal.

CURSOS: ALIMENTACIÓN, NUTRICIÓN E DIETÉTICA (4 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Reciclaxe nas indicacións do apoio nutricional e dietético en situacións normais e especiais.

-Mellora-las habilidades electivas no manexo de pacientes susceptibles de terapia dietética, así como a súa repectiva actualización.

2. Destinatarios:

Médicos de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

16-20 outubro17:00 a 21:00Delegación de Sanidad. Ourense
2-5 outubro
e 27-30 de novembro17:00 a 21:00C. H. Arquitecto Marcide. Ferrol
27 novembro-1 decembro17:00 a 21:00Centro Saúde de Lugo
16-21 outubro17:00 a 21:00Centro de Saúde r/ México. Vigo

4. Contido básico:

-Apoio nutricional.

-Indicacións.

-Requirimentos nutritivos.

-Nutrición enteral.

-Nutrición parenteral. Claves do éxito.

-Nutrición intravenosa: indicacións, requirimentos, pauta normal de 24 h.

-Administración, complicacións. Claves do éxito.

-Estados terminais.

CURSOS: MOVILIZACIÓN E TRASLADO DO ENFERMO GRAVE (4 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Ensino-aprendizaxe das técnicas básicas de mobilización, fixación e inmobilización do pacente grave.

-Mellora-las habilidades no manexo de pacientes graves susceptibles de traslados.

2. Destinatarios:

Celadores.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 10-20 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 20-30 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

13-16 novembro17:00 a 21:00Delegación de Sanidad. Ourense
26-29 setembro17:00 a 21:00Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de C.
16-21 outubro17:00 a 21:00Centro Saúde de Lugo
10-11 novembro17:00 a 21:00Complexo Hospitalario Xeral Cies. Vigo

4. Contido básico:

-Nocións xerais de actuación en situacións de urxencias.

-Normas xerais de manexo de pacientes con procesos patolóxicos frecuentes especiais: infeccións, cardiovascular, dixestivo, neurolóxico, endocrinolóxico,

psiquiátrico, oncolóxico, alérxico, axentes físicos e irritantes, intoxicacións.

-Traumatoloxía: feridas, traumatismo craneoencefálico, atención urxente ó politraumatizado.

-Técnicas e nocións xerais útiles en urxencias para o traslado de pacientes graves.

-Manexo do enfermo problemático.

CURSOS: AVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE ASISTENCIAL EN ATENCIÓN PRIMARIA (4 CURSOS)

1. Obxectivos:

-Aprendizaxe e reciclase das técnicas de avaliación e mellora continua da calidade asistencial en Atención Primaria da Saúde.

-Mellora das habilidades no manexo de elementos cuantitativos estatísticos dos procesos asistenciais en Atención Primaria da Saúde.

2. Destinatarios:

Persoal médico e de enfermería de Atención Primaria de Saúde.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17:00 a 21:00 horas.

3.3. Prazas: 20 persoas.

3.4. Datas, horario e centro no que se impartirá:

DATASHORARIOCENTRO

21-23 novembro17:00 a 21:00Delegación de Sanidad. Ourense
25-27 outubro17:00 a 21:00Hospital Materno-Infantil. A Coruña
16-21 outubro17:00 a 21:00Centro Saúde de Lugo
28-29 novembro17:00 a 21:00Centro Saúde r/ México. Vigo

4. Contenido básico:

-Introducción.

-Bases para a mellora continuada da calidade en Atención Primaria.

-Metodoloxía.

-Instrumentos.

-Deseño do programa de mellora continuada da calidade.

-Discusión.

2161