Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente correspondente ós recursos nº 1/876/95, 1/877/95 e 1/909/95, interpostos por María Irene Seijo López e outros contra a Resolución do 8 de marzo de 1995, deste centro directivo, sobre reclasificación de dúas prazas de telefonistas do Servicio Especial de Urxencias da Coruña en prazas de auxiliar administrativo.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala, o que se lle notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son
emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos
95-05214