Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.921

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4237 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Rúa Cidade de Viviero, 4-1º, Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e san

cións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión, a 20 kV, con conductor LA-56, sobre torres metálicas RU6704A e postes de formigón, cunha lonxitude de 51, 1.132 e 56 metros. Os centros de transformación serán de unha potencia de 50, 25 e 25 kVA, instalados sobre torre metálica ó remate da L.M.T., coa relación 20 kV / 380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor RZ-25-50-95, tensado sobre postes de formigón ou grampado en fachada, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Paradavella, Sollio, Padornelo, Calzada e Degolada, no concello da Fonsagrada.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 8 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4310