Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 196/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 15/25 kV, de 3(1x94) mm Al, de 463 m de lonxitude entre os centros de transformación denominados Figueiras e Urbanización Labañou. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4811