Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 25/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na r/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

L.M.T. aérea, a 15/20 kV, denominada Crego-Aguabar Tramo I, de 1.977 m de lonxitude, en conductor de aluminio tipo LA-110, que parte do C.T. Crego e remata no apoio nº 12 da dita liña. Termos municipais de Vilarmaior e Miño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións,

nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4273