Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/000911/95 interposto por Vicente Vázquez Arias.

O 15 de maio de 1995 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a povidencia pola

que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/000911/95, interposto por Vicente Vázquez Arias.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázaselles para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

4185