Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/000931/95 interposto por Luz Arias Fernández.

O 19 de maio de 1995 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/000931/95, interposto por Luz Arias Fernández, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria), do 3 de abril de 1995.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázaselles para que poidan comparecer en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xuatiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5139